Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector espacial reunirase en Vigo na 3ª edición de New Space España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector espacial reunirase en Vigo na 3ª edición de New Space España

S. P.
Publicado: 30/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

new-space-espana-1-2.jpgXa vai collendo corpo a terceira edición de New Space España, punto de encontro do ecosistema espacial do ámbito español. Os días 26 e 27 de setembro de 2024 reuniranse na Sede Afundación de Vigo as principais empresas, organismos e novas firmas innovadoras do chamado New Space co obxectivo de explorar os proxectos, capacidades e oportunidades da industria estatal.
Segundo a organización, New Space España 2024 pretende “servir como plataforma para o intercambio de coñecementos, a colaboración empresarial, a exploración de novas oportunidades de negocio en áreas como a observación da Terra, as comunicacións satelitais, a exploración espacial e a utilización sostible do espazo”. Tamén se porá o foco en proxectos innovadores concretos como a Constelación Atlántica ou LEO-PNT, impulsados pola Axencia Espacial Europea (ESA).
new-space-espana-3-2.jpgOrganizado por Alén Space, empresa galega especializada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites, o evento está apoiado por destacados patrocinadores, como GMV, Indra, DHV Technologies, Geosat, Startical, Satlantis, Telespazio, Ansys, Rohde & Schwarz e UARX Space, ademais do apoio de institucións públicas ligadas ao fomento da innovación e o talento, como a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, o Consorcio Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo.
En materia de formatos, o congreso contará con conferencias a cargo de destacados expertos do sector, paneis de discusión sobre temas clave, presentacións de proxectos innovadores e sesións de traballo en rede deseñadas para crear colaboración entre empresas, institucións e emprendedores.
new-space-espana-2-3.jpgSegundo explica a organización contextualizando a importancia do evento, “o ámbito do sector New Space, que aborda o desenvolvemento de tecnoloxías e servizos espaciais innovadores, está a experimentar un crecemento sen precedentes a nivel mundial impulsado polo protagonismo dos pequenos satélites, os servizos asociados a proxectos ambiciosos como as novas constelacións satelitais e a redución de custos e prazos de tempo…. Este novo enfoque ampliou as oportunidades para empresas e países que anteriormente percibían este ámbito como inalcanzable”. Neste contexto, engaden, “España atópase nunha posición privilexiada para consolidarse como referente na industria espacial, tendo en conta o talento humano existente, as capacidades tecnolóxicas, o desenvolvemento de novas solucións, unha localización xeográfica clave e a recente posta en marcha da Axencia Espacial Española (AEE), que axunta e coordina o potencial deste sector”.
A venda de entradas xa está dispoñible na páxina web oficial www.newspaceespana.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?