Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fabiola García destaca que máis dun cento de persoas se beneficiaron das solucións tecnolóxicas de Talentos Inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fabiola García destaca que máis dun cento de persoas se beneficiaron das solucións tecnolóxicas de Talentos Inclusivos

Redacción
Publicado: 14/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240614_fabiola_agora-talentos-inclusivos-03.jpgA conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da secretaria xeral Técnica da Consellería, María Francisca Gómez Santos, e da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Judith Fernández Novoa, participaron no acto de clausura da cuarta edición de Talentos Inclusivos.
A través deste programa, rapaces de secundaria, bacharelato e FP coñecen a realidade cotiá das persoas con parálise cerebral e achéganse ao potencial das STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) para desenvolver solucións tecnolóxicas que melloren a súa vida.
Nas catro edicións que leva celebrándose, beneficiáronse máis dun cento de persoas con parálise cerebral, coidadores e terapeutas, e fomentouse a vocación tecnolóxica e científica de máis de 200 alumnos de diferentes institutos. Este ano participaron rapaces e profesores de 15 centros das catro provincias galegas.
A conselleira destacou a importancia de que as Administracións establezan sinerxías coa comunidade educativa e universitaria e o tecido social para abordar a tarefa colectiva da inclusión. Nese sentido, garantiu que o Goberno galego, que colaborou con 60.000 euros nesta edición, sempre será un aliado para avanzar nese camiño.
Fabiola García felicitou aos alumnos polo seu traballo e a súa sensibilidade, e aos seus profesores por ter a visión necesaria para aproveitar o potencial das STEM para contribuír nesa causa. Con todo, lembrou que o piar fundamental desta iniciativa son as persoas con parálise cerebral, as súas familias e as entidades sociais, porque marcan o camiño a seguir cara unha Galicia máis integradora e, polo tanto, máis xusta. Un camiño que, defendeu, é unha cuestión de xustiza, un reto que nos concirne a todos como sociedade, e unha obriga á que non podemos dar as costas.
Talentos Inclusivos é unha iniciativa impulsada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CTIC), a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral da Coruña (ASPACE Coruña), a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?