Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta fomenta o acceso universal á lectura colaborando con 14 audiolibros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta fomenta o acceso universal á lectura colaborando con 14 audiolibros

S. P.
Publicado: 24/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

audiolibro_lectora_dispositivo_ebook.jpgA Xunta de Galicia anunciou a súa colaboración con 14 proxectos de lanzamento editorial de audiolibros co obxectivo “favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria”.
O obxectivo concreto destas axudas editoriais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é impulsar a produción de libros que favorezan tanto a dixitalización como o acceso universal á lectura e á creación literaria galega por parte de toda a poboación a través da posta en marcha de novos formatos como audiolibros en lingua galega.
Trátase dunha medida enmarcada nos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que busca “garantir o acceso á cultura tanto desde a perspectiva do consumo como da creación”. Para isto, a Xunta de Galicia tamén solicitou a produción de catro clásicos da literatura galega que se atoparán dispoñibles na plataforma GaliciaLe.
Máis polo miúdo, nesta convocatoria que ten carácter plurianual e un orzamento de 75.000 euros, apóiase a creación de 14 audiolibros que contan cunha achega de ata 5.000 euros. Así, a empresa editora Arrainos Producións impulsará os audiolibros de 90 anos nas ondas. Dos inicios da radio en Galicia aos nosos días, O Camiño de Ramón Chao. Tras as pegadas de Prisciliano e Xosé Velo sen fronteiras.
Edicións Xerais de Galicia, pola súa banda, fará o mesmo coa obra Pel de cordeiro, o último libro de Ledicia Costas, mentres que Editorial Galaxia contará con Daniel no peirao, Hermelindo esbirra poemas e Ícaras. A adxudicación complétase con Dous nenos coma ti e O Parnaso sobre rodas de Editorial Guiverny e con A lagoa máis fermosa de todas as lagoas, A comuna de Valdonelle, Gumes entre a néboa, Loucine e A matanza clandestina de Técnicas & Gramaxe.
Ademais, a Xunta ten previsto incorporar catro clásicos da literatura galega na plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, GaliciaLe. Os libros electrónicos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, O divino sainete de Manuel Curros Enríquez, De catro a catro de Manuel Antonio e Maxina ou a filla espúrea de Marcial Valladares aparecerán en datas vindeiras en formato audiolibro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?