Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En Mundos Digitales convocan aos profesionais das industrias creativas dixitais a xuntar forzas ante a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

En Mundos Digitales convocan aos profesionais das industrias creativas dixitais a xuntar forzas ante a IA

Marcus Fernández
Publicado: 04/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mundosdigitales2024-66.jpgO Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media Mundos Digitales botou a andar hoxe na Coruña, celebrando a súa edición número 22 cunha elevada participación de profesionais dun sector que non para de medrar e evolucionar. O evento prolongarase ata o vindeiro sábado no recinto de PALEXCO.
Na xornada de hoxe abordaron temas como a creación dun estudio de animación, a produción de tráilers que leven ao éxito proxectos de animación, o proceso de creación da serie de televisión Berlín (spin-off de La casa de papel protagonizado polo galego Pedro Alonso), técnicas de efectos especiais para videoxogos, os desafíos da animación en tempo real ou as complexidades do deseño de niveis nos videoxogos.
mundosdigitales2024-10.jpgOs asistentes tamén puideron coñecer dun xeito próximo a grandes profesionais do sector, como a John Haley (Marvel Studios) e Abraham López (director da longametraxe de animación Guardiana de Dragones). O director do estudio The Game Kitchen, Mauricio García, tamén narrou a xestación do seu grande éxito, Blasphemous, videoxogo independente de grande sona internacional que incluso contou cunha secuela moi ben recibida por público e crítica.
Durante a mañá e a tarde tamén se desenvolveu un dos pratos fortes do encontro, a súa feira de emprego, na que profesionais e compañías interactúan para darse a coñecer entre si, facilitando así a captación de talento por parte das empresas do sector, e amosando tamén aos profesionais varios camiños que poder percorrer no futuro.

AI Assemble!

mundosdigitales2024-16.jpgA cita tamén serviu para presentar a proposta de AI Assemble, unha iniciativa de agrupación de empresas, laboratorios, profesionais e institucións ligadas á investigación, ao desenvolvemento e implementación da intelixencia artificial en contextos de alta especialización, para o deseño e a divulgación dunha estratexia sobre a aplicación da IA dende diversas perspectivas, destacando o contexto das industrias creativas dixitais, que actualmente están a verse especialmente afectadas pola emerxencia da IA xenerativa.
mundosdigitales2024-44.jpgEsta presentación foi conducida polo produtor, director e guionista de cine e videoxogos, Carlos Fernández de Vigo, e a consultora en IA Alba Meijide, acompañados polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, que salientaron a falta de información e divulgación do coñecemento no ámbito da IA, especialmente dende unha perspectiva ética e xurídica, polo que propuxeron que AI Assemble puidese servir como altofalante das preocupacións e necesidades do sector con respecto á IA, contribuíse á protección e o respecto da autoría na obra cultural, e servise como un organismo de intermediación e representación, estando actualmente nunha fase de xestación, na que pretenden xuntar a todos os interesados na material para facer realidade AI Assemble entre todos, coa previsión de que a finais de ano poida concretarse nunha entidade formal e efectiva.


Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?