Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prime Gaming celebra a chegada da segunda tempada de Os Aneis de Poder
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Prime Gaming celebra a chegada da segunda tempada de Os Aneis de Poder

Marcus Fernández
Publicado: 27/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

0_chvuhyusxibbqwbl.jpgEsta semana chega a Prime Video a segunda tempada de Os Aneis de Poder, unha serie ambientada no universo do Señor dos Aneis que destaca, entre outras cousas, por estar dobrada ao galego. Para potenciar este lanzamento e convertelo en todo un fenómeno, dende Amazon tiveron a ben incorporar ao servizo Prime Gaming varios xogos baseados na franquía de J. R. R. Tolkien, que quen non os teña seguro que agradecerá.
O xogo máis importante que recibirán os subscritores de Prime, para poder incorporar á súa colección en GOG, é a edición Xogo do Ano de Sombras de Mordor, un dos mellores xogos de 2014, que aínda que teña os seus anos, continúa a estar moi vixente (aínda que cómpre indicar que xa estivo dentro de Prime Gaming hai un par de anos).
Outro xogo de GOG que se inclúe agora en Prime Gaming é LEGO The Lord of the Rings, título que xa conta cun título descritivo dabondo, pois trátase das aventuras do Señor dos Aneis narradas mediante figuras de LEGO, polo que temos un xogo para toda a familia que dificilmente decepcionará a ninguén.
Cómpre salientar que a través do streaming de Amazon Luna tamén podemos gozar da secuela de Sombras de Mordor, o magnífico Sombras de Guerra, que por desgrazas limita a súa dispoñibilidade ata o 26 de setembro.
Lembremos que con Amazon Luna podemos gozar dos xogos directamente dende o navegador web, un dispositivo móbil, un televisor conectado ou incluso a través dun dispositivo Fire TV, tirando proveito da conexión á Rede e sen precisar de procesos de instalación, polo que é un xeito moi práctico de xogar ocasionalmente, que resulta especialmente accesible para os subscritores de Amazon Prime.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?