Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A educación canina polo camiño da tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A educación canina polo camiño da tecnoloxía

Marcus Fernández
Publicado: 19/09/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

patguerrero-8.jpgNa segunda edición de Galicia Podcast Summit, un encontro sobre o mundo do podcasting, participou Patricia Guerrero, unha formadora que tira grande proveito das ferramentas tecnolóxicas para achegarse a humanos e cans, destacando o feito de que conta cun podcast con máis de 240 entregas, que ten un dos nomes máis claros e concisos: Perros. Con ela quixemos falar sobre o seu traballo como formadora na que a Internet xoga un grande papel.

– Antes de entrar en fariña, podes contestarnos unha pregunta que coido que che fan con moita frecuencia? Que fai unha graduada en Ciencias do Mar adestrando cans?
– En realidade, está relacionado, ambas son natureza e divulgación. Dúas das miñas grandes paixóns e case que misións de vida.
En realidade, non adestro cans, senón que formo a humanos para que acompañen aos cans como precisan. Non conecto co líder da manda e esas cousas, sigo outro paradigma. No que os cans e os humanos convivimos e gozamos de aventuras xuntos. Dende a liberdade.
É un cambio de ollada cara á vida en xeral, no que o humano non é o centro e mandatario, senón que é un ser máis do mundo. De aí, a relación coas Ciencias do Mar, onde estudei en profundidade o noso planeta e os cans, que están moi conectados coa súa natureza, aínda que o humano se encargue de desvialos.

patguerrero-5.jpg – Coméntase moito que preto do 80% dos podcasts que existen non superan os 3 episodios. Cal é a clave para manter a constancia a longo prazo e ser capaz de facer centos de entregas?
– Paixón. Paixón polo tema que compartes, e paixón por compartir.
No meu caso, a miña misión de vida é divulgar o meu coñecemento. Creo que o audio é un medio moi próximo e íntimo para compartir.
Creo que a clave é que che guste o camiño e non o destino.
Moitos céntranse no resultado, no que van conseguir, esquecendo que o realmente apaixonante é crear o camiño.

< – Que vantaxes ves a comunicar a través de podcasts? Son quizais un xeito de conectar coa xente que non está tan pendente das plataformas sociais ou que mesmo fuxe das mesmas?
– Hai moitas. Como dicía antes, é un medio moi próximo e íntimo, que ademais permite estar vivindo outras cousas. Como un paseo pola natureza.
Para o creador é moi doado e versátil. Eu persoalmente síntome máis cómoda abríndome en canal mentres falo ao pasear. E iso queda rexistrado.

– Que outras canles dixitais empregas para comunicar as túas formacións? Correo electrónico, blog, Instagram, YouTube…?
– Aviso a navegantes, vou abrir un debate.
Apoieime en case todas as canais dixitais para compartir e seguir divulgando. Aínda que hai uns meses abandonei Instagram. Por principios.
A natureza é un dos meus valores, entendendo tamén a nosa natureza como humanos. E sinceramente, estar enganchados a unha pantalla adictos a consumir vídeos sen parar, non entra dentro dela. E non coida o noso benestar.
Hai unha década, cando comecei a compartir nesa rede social, o obxectivo era compartir, inspirar… sinto que agora mesmo o único obxectivo é roubar a atención. E non quixen contribuír a iso. Así que, pechei esa ventá de exposición, para centrarme noutros medios un pouco máis amables como YouTube, correo e o meu blog.
Sei que se pode facer contido moi interesante seguindo o xogo das redes, pero o meu corpo e mente pedíronme a berros que non quería xogar con esas regras. Así que, agora aposto forte por plataformas máis saudables, e por un contido máis profundo… que potencie o coñecemento, o sentido crítico e a confianza en un mesmo.

patguerrero-2.jpg – E como ferramentas formativas, empregas plataformas específicas de e-learning ou prefires reinventar o uso doutras plataformas de comunicación aplicándoas para conectar cos teus alumnos?
– Uso moitísimas ferramentas formativas, fascíname. Aínda que intento simplificar para non abafar aos meus alumnos.
Así resumido, serían: Kajabi como academia e plataforma para crear xogos a través do correo; Kahoot para os meus xogos didácticos; Zoom para as sesións en directo; Genially e Canva para crear mapas e imaxes para os escenarios didácticos; e Discord como lugar de encontro e conversación.

– Foi a pandemia un elemento que contribuíu a que a xente entrase máis en actividades a distancia ao afacerse a ferramentas como as videoconferencias e os directos en liña?
– Sinto que foi un punto de inflexión, no que todo se acelerou. Aínda que xa viñamos dun incremento do uso das formacións en liña. Con todo, sinto que a xente se saturou e agora é máis esixente e coidadosa coas formacións coas que se compromete. Algo do que me alegro, xa que obriga aos creadores a mellorar e crear mellores experiencias.

el_libro_que_tu_perro_quiere_que_leas.jpg– A actividade en liña tamén ten a súa repercusión presencial. Por exemplo, agora andas coa promoción do teu segundo libro, editado por Grijalbo. Como está a ser o transvase de audiencias dixitais a tradicionais? Dado que o teu primeiro libro foi autoeditado a través de CulBuks e o segundo xa contou co apoio de Grijalbo, podemos entender que as editoriais miden agora moito a visibilidade que teñen os autores antes de apostar por eles?
– O paradigma editorial cambiou totalmente na última década. É o autor quen promociona e empurra as súas creacións. As editoriais son só un medio para conseguilo. Dende a miña experiencia, tanto autoeditando como publicando cunha gran editorial, se non remas polo teu libro, non se vai vender.
E si, as grandes editoriais buscan autores que xa traian a súa audiencia. A relación coa actividade en liña é total. Os creadores tratamos con humanos, e estes consumen todo tipo de contidos. É a confianza o que hai que nutrir. E isto faise a través de texto, audio, vídeo, físico (material) e presencial. Todo é un.

patguerrero-6.jpg– Agora que temos novas sobre IA semana si e semana tamén, podes facernos unha profecía? Cando cres que teremos un tradutor cadelo-humano que sexa minimamente fiable? Pasará á historia a expresión «só lle falta falar»?
– A miña profecía é que a creareina eu mesma, jajaja. En serio, o coñecemento sobre a linguaxe canina dispoñible na Internet é de moi mala calidade e segue un paradigma no que o can obedece ao humano. Así que a interpretación que se daría segundo eses datos sería que o can está tentando dominar o mundo, desafiando ao humano ou saber que máis cousas.
Con iso, a IA que se alimente con ese tipo de información non conseguirá traducir o que realmente está dicindo e necesitando o can. Só o que o humano quere que diga. Algo que prexudica o benestar do can.
Dádeme uns anos, e crearei un tradutor que acompañe as necesidades esenciais dos cans. Acepto o reto!

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?