ChatGPT continúa a ampliar a súa oferta de aplicacións, e tras chegar a dispositivos móbiles e ordenadores de Apple, estrea agora aplicación para Windows 11, limitada polo momento para usuarios de ChatGPT Plus, Team, Enterprise e Edu.
A nova aplicación para Windows permite conversar co asistente de intelixencia artificial sobre ficheiros e fotografías, e achega a versión máis actual dos modelos de linguaxe de OpenAI. Entre as vantaxes da aplicación está ao feito de poder conseguir respostas rápidas mediante atallos de teclado, e facilitar o uso da ferramenta como unha aplicación máis. Polo momento non conta coas funcións de voz avanzada e carece dalgunhas funcionalidades avanzadas que enténdese que irán chegando en función da evolución da nova aplicación que aínda está catalogada como versión temperá.
ChatGPT estrea aplicación para Windows
Compartir Este Artigo

