Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC achega a versión en galego do dicionario médico para a rapazada, Diximed
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC achega a versión en galego do dicionario médico para a rapazada, Diximed

S. P.
Publicado: 25/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_diximed_usc.jpgO Primeiro dicionario de medicina ilustrado, dicionario médico dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos que explica os conceptos básicos relacionados coa saúde infantil cunha linguaxe adaptada ao seu nivel de comprensión, elaborado por investigadores da Universidade Pompeu Fabra dirixidos pola profesora Rosa Estopà, xa ten versión en galego, logo de que collera impulso na súa versión virtual dispoñible en Diximed, accesible en catalán e castelán.
Para ir completando a oferta de idiomas e así facilitar que todos os nenos e nenas accedan en igualdade de condicións a este dicionario, a profesora Rosa Estopà propúxolle ao Servizo de Normalización Lingüística da USC a elaboración dunha versión galega.
Deste xeito, o servizo universitario encargouse da tradución dos textos mentres que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP López Ferreiro, de Santiago de Compostela, foi o responsable de ler e gravar as propias definicións, que ademais de lidas poden ser escoitadas.
Esta versión galega do Diximed presentouse na Aula Castelao da Facultade de Medicina nun acto que presidiu a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e no que participou o alumnado compostelán implicado, que tivo a oportunidade de compartir a súa experiencia no proxecto coa súa responsable, a profesora Rosa Estopà, e con Xusto Rodríguez, do SNL da USC.
Diximed
O dicionario contén 200 nomes que serven para falar de saúde presentados por orde alfabética e 148 explicacións cos seus debuxos correspondentes realizados por unha man infantil, o que o fai aínda máis atractivo para as persoas que o consultan. Hai tamén unhas 30 palabras que son sinónimas doutras e 33 verbos que teñen un significado específico en medicina (desinfectar, curar, inxectar, receitar, sangrar…) presentados en frases creadas por alumnado e un atlas de 10 debuxos sobre o corpo humano que ten indicados 130 termos. En total, o dicionario inclúe 363 palabras para empregar ao falar de medicina, e agora tamén en galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?