Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega MiniTales, unha IA de contos personalizados creada polo galego David Pena
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega MiniTales, unha IA de contos personalizados creada polo galego David Pena

S. P.
Publicado: 26/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

david_pena_ceo_y_fundador.jpgO galego David Pena, fundador e director executivo (CEO) das redes sociais Peoople e 21 Buttons, vén de lanzar unha nova ferramenta que bota man da Intelixencia Artificial e que pon o foco nas familias e en incrementar as súas opcións de lecer e lectura. Trátase de MiniTales, que xorde para achegar ás nais e aos pais a posibilidade de achegar á rapazada un conto personalizado para cada noite. MiniTales, explica o desenvolvedor vigués, “entrelaza a narrativa máis tradicional coa Intelixencia Artificial” e faino a través dunha aplicación que se mergulla nun proceso colaborativo entre humanos e algoritmos para ampliar os límites da imaxinación.
MiniTales, engade, é unha ferramenta dixital que promove a lectura, unha aplicación móbil que ofrece ao usuario a posibilidade de xerar contos a demanda, personalizados, baixo as premisas que escolla. A app crea un breve relato para nenos de ata 11 anos segundo o pautado polos proxenitores, o que “a converte nun bo recurso para aprender e xestionar as súas emocións, podendo axudar aos pais para explicar a realidade”, sinala Pena, engadindo que MiniTales pode subministrar propostas tan específicas como “un conto sobre un neno que vai ter unha irmá”, ou “un conto sobre unha nena que rompe o xeonllo e debe deixar de bailar para sempre”, ou “un neno que perdeu aos seus avós”.
A aplicación posibilita tamén seleccionar os valores que queremos incluír no conto, como por exemplo diversidade, resiliencia, amor pola natureza, autoestima… Desta forma, “MiniTales ten por obxectivo poñer a Intelixencia Artificial ao servizo dos pais e dotalos dos recursos necesarios para facer do “momento conto” algo especial á vez que construtivo”, sinala o desenvolvedor vigués.

Diferentes estilos

cuento_minitales.jpg MiniTales ofrece diferentes estilos narrativos, baseados nunha chea de autores, imposibilitando a opción de que haxa dous contos iguais. A compañía ten previstas varias fases de desenvolvemento do produto que permitan desenvolver a tecnoloxía respectando o vínculo afectivo entre pais e fillos e afastando aos nenos da parte negativa da tecnoloxía que supoñen as pantallas á hora de irse á cama. Para iso, MiniTales creará a opción de que os contos poidan ser locutados e que sexa posible escoitalos desde un altofalante conectado por bluetooth coa app.
MiniTales utiliza as últimas tecnoloxías en IA, como ChatGPT e DALL-E ou BedRock, o modelo de IA recentemente publicado por Amazon.
A compañía foi creada a finais de 2024 e conta xa con máis de 5.000 usuarios e entre os seus plans máis inmediatos conta con expandir a súa proposta de valor a 17 países antes do final de 2025, “dado que se trata dun modelo de negocio facilmente adaptable internacionalmente”.
Detrás de MiniTales atópase como dixemos David Pena, ex CEO e fundador das redes sociais Peoople e 21Buttons, con máis de 28 millóns de usuarios entre ambas as. MiniTales é a terceira startup que Pena lanza ao mercado, nun momento, lembra, en que a maioría das propostas baseadas en Intelixencia Artificial están a afastarse das persoas e as súas necesidades do día a día: “O momento do conto é sagrado en calquera familia con nenos pequenos, pero ás veces podemos sentirnos limitados polos relatos tradicionais, que perpetúan estereotipos, polo gasto e a falta de espazo que ocasionan os libros físicos, ou porque nese momento non se nos ocorre nada que transmita os valores ou trate un tema en concreto que preocupe ao noso fillo”, asegurou David Pena, fundador e CEO de MiniTales.
A aplicación é gratuíta para os usuarios e inclúe unha versión premium ao prezo de 1,99 € ao mes. Xa está dispoñible para Android e para iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?