Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Razer achega os xogos de PC ao móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Razer achega os xogos de PC ao móbil

Marcus Fernández
Publicado: 11/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

razer_pc-remote-play-bed.jpgA marca para xogadores Razer vén de lanzar oficialmente Razer PC Remote Play, unha plataforma para retransmitir xogos de PC directamente a dispositivos móbiles, aproveitando a potencia dos ordenadores gaming para achegar os seus potentes xogos ao teléfono, tableta ou dispositivo portátil con Windows, con claridade visual e unha boa resposta. Ao aproveitar a taxa de fotogramas e resolución completas dos dispositivo móbil, é posible gozar dunha boa calidade de imaxe e sen bandas negras.
A versión beta de Razer PC Remote Play tivo unha acollida moi positiva entre os usuarios, e no seu lanzamento oficial inclúe unha interface redeseñada en Razer Cortex para PC, compatibilidade con todos os mandos móbiles compatibles con sistemas iOS e Android, soporte para o códec de vídeo AV1 (para mellor calidade e menor latencia) e actualizacións de software que melloran a experiencia de xogo portátil. A partir de agora, os xogadores poden esperar partidas moi fluídas e de alta fidelidade en móbiles e tabletas, en calquera lugar e momento.
Algunhas das características destacadas son:
– Compatibilidade con numerosos mandos: soporte completo para Razer Kishi e outros mandos compatibles con iOS e Android, para unha experiencia móbil similar á dunha consola.
– Posibilidade de empregar teclado, rato e trackpad en iPad, para máis estilos de xogo.
– Acceso a todos os xogos de PC desde Razer Nexus: permite explorar, configurar e iniciar xogos desde o dispositivo móbil.
– Optimización automática da pantalla.
– Xogo inmersivo con Razer Sensa HD Haptics: sensacións táctiles realistas sincronizadas co xogo, como disparos ou motores vibrando, ao empregar Razer Kishi Ultra con dispositivos Android.
Razer PC Remote Play é compatible con Steam, Epic Games, PC Game Pass e outras plataformas, así como con iOS 18 e Android 14 ou superior e Windows 10 e 11, estando xa dispoñibles para a súa descarga na App Store e en Google Play.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Nova remesa de xogos para Game Pass encabezada pola Patrulla Canina

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?