Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo xogo de rol ambientado no universo de Xogo de Tronos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Novo xogo de rol ambientado no universo de Xogo de Tronos

Redacción
Publicado: 22/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

kingsroad_ss_4e2db449cdbf54f0c78d6260397a520229912f72.jpgA compañía surcoreana Netmarble vén de anunciar o lanzamento global de Game of Thrones: Kingsroad, un xogo de rol de acción e aventura dispoñible en plataformas móbiles e PC. O xogo chega con licenza oficial de Warner Bros. Interactive Entertainment en representación de HBO e pode descargarse de balde para PC a través de Steam, a tenda de Epic Games e a súa páxina web oficial, así como tamén para dispositivos móbiles na App Store e na tenda de aplicacións de Google.
kingsroad_ss_3b02e632b70aed00d90c756c791269f1d09c38a6.jpg A historia do xogo introduce unha narrativa inédita dentro do universo de Canción de Lume e Xeo. O protagonista é un novo personaxe que, por azares do destino, convértese no herdeiro da Casa Tyre, unha pequena casa nobre do Norte. Os xogadores poderán escoller entre tres clases inspiradas en roles emblemáticos da serie: Cabaleiro, Mercenario ou Asasino. Cada clase ofrece mecánicas de combate e habilidades únicas que potencian a estratexia e a inmersión en combates intensos e personalizados.
kingsroad_ss_ac048f935a70ea4b41997c5a78526a10cf6ec112.jpg O mundo do xogo recrea con gran detalle o continente de Poñente (Westeros), con paisaxes e localizacións fieis á serie e aos libros de George R. R. Martin, incluíndo territorios inéditos. Os xogadores poderán explorar libremente lugares icónicos como Desembarco do Rei (King’s Landing), Alto Xardín (Highgarden), Castelo Negro (Castle Black) ou O Muro, ademais de aldeas, cidades e rexións salvaxes que reflicten o estilo de vida da poboación.
kingsroad_ss_972855430273777803aa68a01d78c5f6981e286f.jpg Durante a viaxe, atoparanse personaxes coñecidos como Jaime Lannister, Lord Varys, Cersei Lannister, Stannis Baratheon ou Olenna Tyrell, entre outros. A nivel de combate, destaca a presenza de criaturas lendarias como o dragón Drogon, que aparece como xefe de campo, así como outras bestas introducidas por primeira vez neste formato: arañas de xeo, unicornios Stormhorn, grifóns Ironbeak e o Cockatrice Vermello.
Tras o período de acceso anticipado iniciado en marzo en Steam, a versión completa chega con novos contidos, con rexións inéditas como Storm’s End e Felwood, así como tamén achega batallas máis esixentes e a posibilidade de loitar contra un novo xefe: o Unicornio do Altar das Memorias.


Tráiler de lanzamento de Game of Thrones: Kingsroad

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?