Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria española do videoxogo pide un maior apoio institucional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A industria española do videoxogo pide un maior apoio institucional

Redacción
Publicado: 28/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

libro_branco_videoxogo_2024_portada.jpgA Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento (DEV) presentou a undécima edición do Libro Branco do Desenvolvemento Español de Videoxogos, un informe de referencia que radiografía o estado actual da industria do videoxogo en España. O documento, elaborado con datos achegados por 815 estudios activos, inclúe un chamamento explícito ao Goberno e ás comunidades autónomas para implantar medidas que garantan o crecemento do sector, entre as que destacan os incentivos fiscais á produción de videoxogos.
Segundo as estimacións incluídas no informe, a aplicación dunha dedución fiscal do 20 % no imposto de sociedades podería multiplicar por catro a facturación do sector ata o 2028, superando os 5.500 millóns de euros. Ademais, o número de empregos directos podería duplicarse, chegando ás 23.000 persoas empregadas en 2030. A proposta de DEV vai acompañada dunha demanda de modificación lexislativa para equiparar o tratamento fiscal do videoxogo co doutros sectores culturais como o audiovisual ou as artes escénicas.
presentacion_libro_branco_videoxogos_2024_01.jpg O informe tamén fai balance da evolución recente: en 2023 o sector facturou 1.425 millóns de euros, cun crecemento do 3,1 % respecto ao ano anterior. O número de traballadores ascendeu a 10.259, cun 89 % de contratos indefinidos e unha presenza feminina do 26 %, superior á media europea. A concentración do emprego e da facturación segue a estar en mans dunha minoría: só o 2 % dos estudios superan os 50 millóns de euros anuais, pero xeran case a metade dos ingresos totais.
En canto á distribución xeográfica, Cataluña (32 %) e Madrid (23 %) concentran a maior parte dos estudios constituídos, seguidas por Andalucía (13 %) e a Comunidade Valenciana (10 %). Galicia só representa o 3,1 % do sector (cando o ano pasado rexistraba o 4,3 % dos estudios).
presentacion_libro_branco_videoxogos_2024_04.jpg Aínda que dende DEV queren fuxir do pesimismo provocado polo peche de estudios como Novarama ou Tequila Works, recoñecen a dureza da actual crise post COVID-19, chegando a considerar o 83 % dos estudios que están en risco se a crise no sector dura un ano máis.
O Libro Branco tamén aborda cuestións como as necesidades formativas e financeiras dos estudios. O 45 % manifesta dificultades para atopar perfís profesionais cualificados, especialmente programadores e artistas técnicos, debido a unha formación pouco adaptada ás esixencias do mercado. No ámbito do financiamento, a maioría dos estudios dependen de fondos propios e autofinanciamento, mentres que só o 27 % accedeu a axudas públicas en 2023.
presentacion_libro_branco_videoxogos_2024_02.jpg Outros aspectos destacados do informe inclúen o crecemento do uso de intelixencia artificial xerativa, empregada xa polo 54 % dos estudios, e o protagonismo da propiedade intelectual propia, que supón o eixo principal do modelo de negocio do 88 % das empresas.
Con este documento, DEV busca visibilizar a importancia estratéxica do sector, fomentar a súa profesionalización e reclamar políticas públicas que impulsen unha industria que, malia o seu potencial tecnolóxico e creativo, aínda non logra situarse entre as máis fortes de Europa.



Vídeo da presentación do novo Libro Branco

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?