Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Nintendo Switch 2 chega a mans dos consumidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Nintendo Switch 2 chega a mans dos consumidores

Marcus Fernández
Publicado: 05/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

infiniteslide_pct3.jpgChegou o día que moitos amantes dos videoxogos estaban agardando, pois finalmente chegou aos consumidores a Nintendo Switch 2, unha consola de videoxogos que aposta pola evolución da Nintendo Switch en vez de arriscarse cunha revolución, de xeito que temos unha máquina cunha pantalla máis grande con resolución 1.080p (capaz de chegar a resolución 4K en televisores), mandos Joy-Con 2 con conectores magnéticos (e un modo de funcionamento que os converte en ratos informáticos) e unha peaña con inclinación axustable.
infiniteslide_pct2.jpgA nova consola tamén integra GameChat, xa que nesta ocasión a consola de Nintendo aposta firmemente pola Internet, tanto á hora de permitir a interacción entre os xogadores como ao apostar polos xogos en formato descargable (case todas as tarxetas de xogo precisan de descargas para gozar do xogo completo).
Nos vindeiros días será posible comprobar a potencia real da consola, que grazas ao seu salto técnico, permitirá que os grandes xogos third party multiplataforma non salten a consola de Nintendo como fixeron nos últimos anos, o que suporá un revulsivo para o mercado.
gsrheujwcaalwpw.jpgO potencial da Nintendo Switch 2 é notable, pero a estrea foi relativamente accidentada, xa que moitos compradores que reservaron a consola con moita antelación non recibiron a tempo as súas unidades ou incluso padeceron as cancelacións das súas reservas a última hora. Pero nesta ocasión non hai problemas de abastecemento tan serios como co lanzamento da Nintendo Switch ou da PlayStation 5, e incluso durante a xornada de hoxe era posible mercar a Switch 2 nalgunha tenda en liña, con recepción para mañá mesmo.
Cando menos no mercado español non se padeceu ningunha anécdota como a que se fixo viral nos EE.UU. por mor dunha tenda da cadea GameStop na que tiveron a idea de grampar o tícket de compra á caixa da consola, chegando a perforala e a danar consolas completamente novas (aínda que xa están a tramitar as correspondentes substitucións).


Vídeo de lanzamento da Nintendo Switch 2

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?