Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ultiman o sucesor espiritual de Patapon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Ultiman o sucesor espiritual de Patapon

Redacción
Publicado: 10/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ratatan_49e903cf20642c673d4b7e62160ace4f.jpgDesenvolvido como sucesor espiritual do mítico Patapon, Ratatan aposta por unha mestura de acción rítmica, estética delirante e estrutura roguelike, conseguindo unha proposta tan estraña como fascinante que está a evolucionar a bo ritmo para converterse nun produto final ao longo do presente ano.
A diferenza do seu predecesor de PSP, en Ratatan os protagonistas non son os adorables Patapons, senón os Ratatans, seres animaloides cun só ollo e cheos de carisma. Estes líderes transmiten ordes ao seu escuadrón de Cobun, pequenas unidades de combate que executan accións como atacar, defenderse ou reagruparse ao ritmo das pulsacións.
ratatan_ss_e7016ccd66125c3e87cc0b62593414e2ed6f5842.jpgA proposta mantén a esencia da serie orixinal, mais evoluciona e amplía a fórmula. Cada Ratatan conta cunha combinación distinta de Cobun (algúns especializados no corpo a corpo, outros no ataque a distancia) e con opcións para mellorar o seu equipo mediante a compra ou fabricación de armas. Estas posibilidades de personalización engaden unha capa estratéxica que cobra máis sentido nun contexto roguelike, onde cada partida implica a exploración dun portal cheo de inimigos, potenciadores e loitas contra xefes finais.
ratatan_ss_a655afc172f71ecb12b130e1a3769a368b8c3c10.jpgO xogo chegará a finais de 2025 a PC, Nintendo Switch, PS4, PS5 e Xbox Series X|S.
A versión de demostración do xogo dispoñible en Steam permite xa botarlle unha primeira ollada a esta proposta que promete poñer a proba o sentido do ritmo, a capacidade de liderado e a paciencia do xogador ante un exército de criaturas tan adorables como imprevisibles.


Así se deixou ver Ratatan durante o Summer Game Fest

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?