Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha ferramenta de Microsoft facilita o avance da IA nas diagnoses médicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha ferramenta de Microsoft facilita o avance da IA nas diagnoses médicas

Redacción
Publicado: 30/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

superintelixencia_medica.jpgMicrosoft deu un paso decisivo cara á superintelixencia médica coa creación do MAI-DxO, un orquestrador de intelixencia artificial deseñado para abordar os desafíos diagnósticos máis difíciles da medicina. A ferramenta foi posta a proba a través dun novo referente baseado en 304 casos reais publicados pola prestixiosa revista New England Journal of Medicine, considerados entre os máis esixentes e sofisticados da práctica clínica.
A proposta da compañía baséase nun modelo de diagnóstico secuencial, no que a IA vai formulando preguntas e pedindo probas médicas paso a paso, tal como faría un médico humano. A diferenza dos test tradicionais de opción múltiple, esta metodoloxía permite avaliar a capacidade real de razoamento clínico, moito máis próxima á práctica hospitalaria diaria.
mai-dx-orchestrator-v3-1.jpg O rendemento do MAI-DxO foi significativamente superior ao de calquera modelo individual testado, incluídos GPT, Llama ou Claude. En combinación co modelo o3 de OpenAI, o orquestrador alcanzou un 85,5 % de acerto, fronte ao 20 % de media obtido por 21 médicos de EE.UU. e Reino Unido con entre cinco e vinte anos de experiencia.
Un dos aspectos máis innovadores deste avance é que o sistema non só foi máis preciso, senón tamén máis eficiente en termos económicos. MAI-DxO calculou os custos virtuais de cada proba solicitada, permitindo comparar a súa eficacia diagnóstica fronte ao gasto que supón cada itinerario clínico. Segundo os investigadores, a IA logrou mellores resultados con menos recursos ca os profesionais humanos, abrindo a porta a aplicacións que poderían contribuír a reducir o dispendio sanitario.
A pesar destes resultados prometedores, Microsoft admite que se trata só dun primeiro paso. A empresa subliña que aínda cómpre validar esta tecnoloxía en contextos clínicos reais, incluíndo presentacións comúns e non só casos complexos. Tamén apunta que os médicos participantes traballaron sen acceso a ferramentas habituais como libros, colegas ou sistemas de apoio á decisión, o que limitou a súa capacidade diagnóstica no estudo.
A compañía traballa agora en colaboración con organizacións sanitarias para explorar a viabilidade de implantar este tipo de sistemas como soporte á toma de decisións clínicas. Segundo Microsoft, a IA non vén substituír os profesionais, senón ampliar o seu alcance, combinando a empatía e a experiencia humanas co potencial da aprendizaxe automática e o tratamento masivo de datos.
A ferramenta aínda non está dispoñible publicamente, pero a compañía ten previsto publicar os seus referentes de avaliación e seguir avanzando na súa validación científica a través de revisión por pares.
Nun contexto no que o gasto sanitario global non deixa de medrar e moitas persoas seguen sen acceso a atención médica de calidade, a aposta pola IA podería marcar un punto de inflexión. Dende Microsoft consideran que o futuro da saúde pasa por complementar o coñecemento humano coa intelixencia das máquinas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?