Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que Apple está a obstaculizar o uso de motores web alternativos en iOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que Apple está a obstaculizar o uso de motores web alternativos en iOS

Redacción
Publicado: 14/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

owa_dma_apple.jpgCando a Lei de Mercados Dixitais (DMA) entrou en vigor o 7 de marzo de 2024, a Unión Europea deixou claro que as grandes plataformas tecnolóxicas designadas como gatekeepers debían deixar de impoñer os seus propios motores de navegación web. A norma pretendía garantir a libre competencia e a innovación no sector, impedindo que compañías coma Apple usasen o seu control sobre os sistemas operativos para limitar a funcionalidade de navegadores web rivais. Porén, quince meses despois, ningún provedor conseguiu lanzar en iOS un navegador web que non empregue WebKit, o motor de Safari.
A situación foi obxecto de debate nun recente obradoiro sobre a DMA no que participaron representantes de Apple, de navegadores como Firefox ou Chrome, e entidades como Open Web Advocacy (OWA), organización que leva máis dun ano denunciando os atrancos impostos por Apple á hora de portar motores como Blink ou Gecko ao ecosistema iOS.
A pesar de que Apple asegura que «os navegadores teñen todo o necesario para operar co seu propio motor na UE», a realidade que describen Mozilla, Google e outros actores é moi distinta: as condicións técnicas e contractuais impostas fan inviable comercialmente desenvolver e manter un navegador web con motor propio en iOS.
Entre os obstáculos máis críticos salientan:
– A obrigatoriedade de lanzar unha nova aplicación desde cero, perdendo todos os usuarios actuais na UE
– A imposibilidade de realizar probas de compatibilidade fóra do territorio comunitario
– A incerteza sobre a continuidade das actualizacións se un usuario viaxa máis de 30 días fóra da UE
– Un contrato de uso do motor cunhas condicións xurídicas que os navegadores consideran abusivas
A OWA lembra que o navegador Safari é un dos produtos con maior marxe de beneficio de Apple, achegando entre o 14 % e o 16 % do seu beneficio operativo anual, grazas sobre todo ao acordo con Google polo cal recibe arredor de 20.000 millóns de dólares ao ano por manter o seu buscador como opción predeterminada. «Cada punto porcentual de cota de mercado perdido supón 200 millóns menos para Apple», advirten.
Tamén os organismos reguladores británicos, xaponeses e estadounidenses apuntan a que a restrición de Apple responde a motivos económicos máis que de seguridade, e que supón unha forma de blindar os ingresos da App Store dificultando a competencia das aplicacións web.
A DMA establece que os gatekeepers non poden limitar a eficacia das obrigas legais mediante restricións técnicas ou contractuais. A interpretación que fai OWA é clara: Apple non está a cumprir co espírito da norma, e a súa actuación mina o propósito do artigo 5(7), que é garantir a competencia real a nivel de motor de navegador e liberar as aplicacións web do control que impón WebKit.
Mozilla, Google e outras organizacións reclaman que se poida manter a base de usuarios existente, probar as súas aplicacións en todo o mundo e desenvolver funcionalidades como o uso de extensións propias, o acceso a tecnoloxías coma WebUSB, ou a posibilidade de instalar aplicacións web directamente desde os seus navegadores.


Recente obradoiro sobre a DMA

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?