Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta colabora co MUVI na elaboración dun censo actualizado dos videoxogos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta colabora co MUVI na elaboración dun censo actualizado dos videoxogos galegos

Redacción
Publicado: 15/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250715_pte_consello_reunion_dcs_07.jpgO Consello da Xunta vén de aprobar a sinatura dun convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Museo do Videoxogo (promotora do MUVI) co obxectivo de preservar, identificar e difundir os videoxogos creados en Galicia, recoñecéndoos como parte do seu patrimonio audiovisual e cultural.
Este acordo supón unha achega de 10.200 euros para impulsar un programa centrado na conservación dos videoxogos producidos na Comunidade e na aplicación efectiva da lexislación sobre depósito legal. Neste marco, a Biblioteca de Galicia actuará como centro depositario de referencia.
A Xunta entende os videoxogos como unha manifestación cultural e artística e considera esencial contar coa experiencia da Fundación Museo do Videoxogo, cuxo equipo coñece de primeira man o ecosistema galego da industria, incluíndo empresas e creadores. A colaboración coa Biblioteca de Galicia será clave para identificar os títulos que deben estar suxeitos ao depósito legal e garantir a súa descrición bibliográfica.
Entre as accións previstas está a elaboración dunha base de datos cos axentes do sector e a creación dun directorio de videoxogos desenvolvidos por empresas con sede en Galicia. Tamén se informará aos produtores sobre a obriga legal de depositar os seus produtos e promoverase entre os centros conservadores a importancia da súa implicación na preservación destes materiais.
O convenio contempla ademais a identificación de necesidades tecnolóxicas para asegurar a conservación tanto dos videoxogos dixitais como daqueles editados en formato físico, evitando a súa obsolescencia. Como colofón, a Biblioteca de Galicia acollerá unha mostra bibliográfica sobre a historia dos videoxogos en Galicia, co fin de poñer en valor esta expresión cultural contemporánea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?