Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertas as solicitudes para o programa Emega de apoio ao talento empresarial feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abertas as solicitudes para o programa Emega de apoio ao talento empresarial feminino

Redacción
Publicado: 15/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250715dxigualdadetecnopoleemega.jpgA directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou esta mañá as instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, para coñecer de primeira man os proxectos que se están a desenvolver neste espazo. Durante a visita, na que estivo acompañada polo director do parque, Javier Taibo Gallego, e pola responsable de Woman Emprende e titora dos proxectos Emega, Eva López Barrio, anunciou que desde hoxe está aberta a convocatoria de axudas do programa Emega, destinado a impulsar o talento empresarial feminino. Esta iniciativa conta cun orzamento superior aos 5 millóns de euros e permitirá apoiar arredor de 350 proxectos de emprendemento liderados por mulleres.
Ao remate do percorrido polas instalacións, Quintiana salientou que este programa supón un apoio clave para proxectos con carácter innovador e tecnolóxico, a través da modalidade Emega Innova, que contempla achegas de ata 42.000 euros para iniciativas con compoñente tecnolóxica ou investigadora. Ademais desta modalidade, destacou outras tres liñas de axuda: Emega Emerxe, con achegas de ata 22.000 euros para novas iniciativas empresariais; Emega Impulsa, con subvencións de ata 17.000 euros para reactivar e consolidar empresas promovidas por mulleres, incorporando medidas para mellorar a súa competitividade; e Emega Concilia, unha achega complementaria destinada a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral tanto das promotoras como das súas traballadoras.
Por outra banda, a directora xeral subliñou que a convocatoria deste ano introduce como principal novidade o reforzo de criterios específicos para a concesión das axudas, co obxectivo de apoiar especialmente a mulleres maiores de 55 anos, proxectos situados en contornas rurais ou pertencentes a sectores tradicionalmente masculinizados, así como iniciativas de carácter colaborativo. Neste contexto, os Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego asumirán un papel estratéxico, especialmente nas zonas rurais, a través dun programa formativo específico dirixido ás beneficiarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?