Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google segue avanzando na integración da IA nas buscas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google segue avanzando na integración da IA nas buscas

Redacción
Publicado: 16/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

july-aim-moment_hero.jpgGoogle deu comezo á despregadura das capacidades máis avanzadas da súa IA no buscador, comezando polos subscritores de Google AI Pro e AI Ultra nos Estados Unidos. Desde esta semana, os usuarios que participen na experiencia experimental de AI Mode en Labs poderán acceder ao modelo Gemini 2.5 Pro e á nova ferramenta Deep Search, deseñada para afondar en buscas complexas con respostas máis completas e fundamentadas.

Contidos
  • Gemini 2.5 Pro en AI Mode
  • Investigación profunda con IA
  • Chamadas automáticas a negocios locais

Gemini 2.5 Pro en AI Mode

A versión máis recente e potente do modelo de linguaxe de Google, Gemini 2.5 Pro, intégrase agora no modo de IA do buscador. Esta versión destaca en tarefas que requiren razoamento avanzado, resolución de problemas matemáticos e programación. Os subscritores poden escoller este modelo desde un menú despregable dentro da pestana de AI Mode. A opción predeterminada segue a ser un modelo máis lixeiro, pensado para respostas rápidas e versátiles.

Investigación profunda con IA

Como complemento, Google tamén estrea Deep Search, unha ferramenta que aproveita as posibilidades de Gemini 2.5 Pro para realizar unha investigación profunda e automatizada. A través desta función, o sistema pode lanzar centos de buscas, sintetizar información de distintas fontes e entregar un informe estruturado e con citas nun tempo reducido. Está especialmente orientado a usuarios que precisen analizar temas complexos por motivos profesionais, educativos ou persoais, como mercar unha vivenda ou facer unha análise financeira detallada.

Chamadas automáticas a negocios locais

Ademais, Google Search incorpora unha nova capacidade axente, mediante a cal a IA pode chamar directamente a negocios locais en nome do usuario. Así, se alguén busca servizos como salóns de peiteado para mascotas ou tinturerías, poderá seleccionar a opción Que a IA comprobe os prezos. A ferramenta recollerá datos sobre dispoñibilidade e tarifas e devolverá un resumo coa información consolidada. Esta funcionalidade está dispoñible xa para todos os usuarios en EE.UU., aínda que os subscritores Pro e Ultra contan con maiores límites de uso. Os negocios poden controlar a participación nesta función desde o seu Perfil de Empresa.
Google sinala que continuará priorizando aos subscritores Pro e Ultra no acceso ás funcións máis avanzadas de IA, ao tempo que traballa para levar estas capacidades a máis usuarios a nivel global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?