Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publican os requisitos de Cyberpunk 2077 para Mac
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Publican os requisitos de Cyberpunk 2077 para Mac

Redacción
Publicado: 16/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

k3cq7lazwdisqh25ygxyit.jpgCyberpunk 2077: Ultimate Edition chegará en breve a Mac cunha versión adaptada aos chips Apple Silicon, ofrecendo unha experiencia completa que inclúe o xogo base, todos os contidos adicionais e as voces en todos os idiomas, aínda que os seus requisitos técnicos poden espantar a moitos usuarios.
Esta versión require macOS 15.5 ou superior para funcionar, e o espazo de almacenamento necesario varía segundo a tenda desde a que se descargue: 92 GB se se obtén a través de GOG, Steam ou Epic Games Store, e 159 GB se a descarga se realiza desde a App Store. Cómpre ter en conta que durante o proceso de instalación é preciso dispoñer de algo máis de espazo libre, xa que se xeran ficheiros temporais adicionais.
O xogo utiliza unha configuración gráfica chamada For this Mac, deseñada para adaptar automaticamente os axustes visuais e a resolución ao hardware concreto de cada dispositivo. Esta opción busca ofrecer o equilibrio máis adecuado entre calidade de imaxe e fluidez, de maneira que os equipos máis potentes reciben axustes máis altos e resolucións maiores, mentres que os dispositivos máis básicos optan por configuracións máis modestas para garantir unha experiencia xogada aceptable. Por exemplo, un Mac con chip M1 e 16 GB de memoria RAM poderá executar o xogo a unha resolución de 1440×900 ou 1600×900 con 30 fotogramas por segundo. No outro extremo, un equipo con chip M3 Ultra ou M4 Max e 36 GB de RAM poderá chegar a unha resolución de 2560×1440 mantendo os 60 FPS.
Se ben o preset For this Mac está pensado para optimizar o rendemento, non activa de xeito predeterminado as opcións de Ray Tracing, mesmo nos dispositivos compatibles. Esta decisión responde ao feito de que, malia que certos modelos permiten tecnicamente empregar Ray Tracing, a súa activación pode afectar negativamente á estabilidade ou ao rendemento do xogo. Aquelas persoas que queiran activalo poden facelo manualmente dende o apartado de axustes gráficos, seleccionando un dos perfís con Ray Tracing ou activando opcións concretas dentro da sección correspondente. Para quen queira utilizar Ray Tracing cun obxectivo de 30 FPS, recoméndase un chip M3 Pro, 18 GB de RAM e unha resolución de 1920×1080 con MetalFX DRS activado. Para manter os 60 FPS con Ray Tracing, será necesario un equipo con chip M3 Max e 36 GB de RAM.
Cómpre lembrar que o preset For this Mac tamén ten en conta o uso de pantallas externas, polo que se recomenda non modificar a resolución asignada para evitar caídas de rendemento. Esta configuración, que non é idéntica en todos os dispositivos, axústase dinamicamente para garantir a mellor experiencia posible segundo a capacidade do equipo.
Cyberpunk 2077 chega así a Mac cunha versión adaptada ao ecosistema de Apple, pero cunhas esixencias técnicas bastante elevadas e amosadas dun xeito que podemos considerar trampón, xa que as esixencias de memoria RAM non se corresponden coas configuracións de equipos de Apple, pois a configuración de 18 GB de memoria unificada non existe, de xeito que a configuración recomendada do xogo precisaría de 24 GB de memoria e un procesador Pro, polo que o equipo actual máis económico capaz de conseguir un desempeño medio do xogo sería un Mac mini con M4 Pro de 1.594 euros ou un MacBook Pro con M4 Pro de 2.279 euros, mentres que a versión de PC é capaz de correr con ese nivel de detalle nun ordenador portátil gaming de 600-800 euros, o que dá a entender que os equipos de Apple seguen a ser pouco recomendables para xogar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?