Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bloquean o acceso a 12ft, unha páxina web que saltaba os muros de pagamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bloquean o acceso a 12ft, unha páxina web que saltaba os muros de pagamento

Redacción
Publicado: 18/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

12ft_portada.jpgA News/Media Alliance anunciou a retirada do sitio web 12ft.io, coñecido como 12 Foot Ladder, unha plataforma que ofrecía tecnoloxía para evitar os muros de pagamento de medios dixitais e acceder a contido protexido por dereitos de autor sen aboar ningunha subscrición. Grazas ás xestións da organización, o provedor de hospedaxe bloqueou o acceso ao sitio.
12ft funcionaba baixo o lema de «amósame un muro de 10 pés e amosareite unha escada de 12 pés», ou sexa, que cando se lle remitía un enderezo dunha páxina web á que non era posible acceder completamente por estar tras un muro de pagamento, o servizo devolvía unha versión completa da páxina web en cuestión. Este servizo nacera en resposta ao feito de que 8 das 10 primeiras ligazóns que achegaba Google nos seus resultados levaban a un muro de pagamento, polo que quería recuperar o espírito da web aberta, librándoa tamén de moitos dos abusos que realizan os medios de comunicación como capturar enderezos de correo electrónico e integrar publicidade moi intrusiva que estraga completamente a experiencia de uso.
12ft_ios-remove-paywall-tight.jpg A entidade que representa aos editores salientou que continuará actuando contra outras tecnoloxías non autorizadas que permiten saltar os sistemas de pagamento e acceder gratuitamente a información restrinxida. «Esta retirada é unha vitoria para os editores e para todos os que valoran o contido de calidade», declarou Danielle Coffey, presidenta e directora executiva da News/Media Alliance. Segundo explicou, ferramentas como 12ft.io prexudican gravemente a sustentabilidade do xornalismo profesional ao minar as fontes de financiamento baseadas nas subscricións e na publicidade.
«Os editores invisten recursos significativos para crear o mellor contido informativo posible, e é fundamental protexer esa capacidade nun ecosistema de información saudable e sostible», concluíu Coffey.
Cómpre salientar que a News/Media Alliance non só está a tomar medidas contra mecanismos tan evidentes como 12ft, senón que tamén leva meses presentando denuncias e outras iniciativas contra o roubo de contido que realizan as compañías de IA, así como de sistemas como os de Google que están a aproveitarse dos contidos dos medios de comunicación sen achegarlles tráfico web ao ofrecer aos usuarios a información que buscan se remitilos á fonte da mesma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?