Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A preocupación pola seguridade e a formación frean a adopción da IA nas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A preocupación pola seguridade e a formación frean a adopción da IA nas empresas

Redacción
Publicado: 21/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ia_preocupacion_seguridade.jpgAínda que a maioría das empresas a nivel mundial recoñece o potencial dos ordenadores con capacidades de intelixencia artificial, a súa implantación xeneralizada está atopando diversos atrancos. Segundo un estudo encargado por Intel a máis de 5.000 responsables empresariais e tecnolóxicos de 23 países, aínda que o 87 % das organizacións están a implantar ou planean implantar ordenadores con IA, persisten serios desafíos que frean o proceso.
Un dos principais obstáculos é a preocupación pola seguridade. O 33 % das empresas que aínda non deron o paso sinalan o risco de exposición de datos como a súa maior inquietude. Esta percepción varía segundo o país: mentres en Xapón ou Brasil as cifras superan o 60 %, en Alemaña ou Tailandia as preocupacións son menores, o que revela un descoñecemento xeneralizado das vantaxes en materia de protección de datos que ofrecen estes equipos. De feito, os ordenadores con IA permiten executar tarefas localmente, sen necesidade de enviar datos á nube, o que reduce significativamente os riscos de filtración ou incumprimento normativo.
Outro factor importante é o custo. Un terzo dos non adoptantes sinala tanto o investimento inicial como os custos recorrentes como barreiras destacadas. Porén, segundo Intel, esta visión non contempla o elevado retorno do investimento (ata un 213 % en tres anos segundo un estudo de Forrester), nin o aforro en mantemento, xa que os equipos con plataforma Intel vPro poden reducir nun 65 % o tempo dedicado á xestión de dispositivos e ata nun 90 % as visitas técnicas presenciais.
ia_adestramento.jpg Ademais, a fenda de coñecementos sobre IA dentro das empresas tamén está a condicionar a adopción. Só o 35 % dos empregados teñen unha comprensión clara do valor desta tecnoloxía, fronte ao 51 % dos membros da dirección. Esta diferenza reforza a necesidade de formación continua. O 95 % dos consultados coinciden en que os empregados precisan algún tipo de adestramento, e case a metade considera que debe ser intensivo. Porén, só un terzo das organizacións conta cun programa formativo sostido no tempo.
Intel subliña que, para aproveitar plenamente os beneficios dos ordenadores con IA, é clave combinar o investimento tecnolóxico cunha estratexia de capacitación progresiva. E engade que, alén de mellorar a produtividade, estes equipos poden ser decisivos para acelerar a innovación, mellorar a retención de clientes e habilitar novas fontes de ingresos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?