Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Common Voice facilita a recollida da diversidade dialectal do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Common Voice facilita a recollida da diversidade dialectal do galego

Redacción
Publicado: 21/07/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fala_espontanea.jpgA plataforma colaborativa Common Voice, promovida por Mozilla e nutrida por doazóns de persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, denominada Fala Espontánea que permitirá rexistrar doazóns con acentos diversos, variantes léxicas e morfolóxicas, cambios de código e outros trazos característicos da oralidade que adoitan desaparecer na fala lida.
Ata o momento, as contribucións a esta plataforma, que ten como obxectivo crear recursos abertos para o recoñecemento da fala, baseábanse en gravacións de lecturas en voz alta de textos de dominio público. A nova funcionalidade, actualmente en fase de probas, abre a porta á recollida dunha fala máis natural, diversa e representativa do uso cotián da lingua: mediante preguntas sinxelas dispoñibles en Common Voice, os voluntarios poderán gravar respostas breves e espontáneas que reflictan a súa variedade dialectal.
Con esta ferramenta, Common Voice reforza o seu compromiso coa diversidade lingüística e coa accesibilidade dixital, ao tempo que facilita a participación de falantes de distintas idades, rexións e niveis de alfabetización dixital. Así mesmo, recoñece e pon en valor a fala real, rica en matices e moito máis representativa do uso actual da lingua ca os textos escritos tradicionais.

Contidos
  • Como funciona Fala Espontánea
  • Proxecto Nós

Como funciona Fala Espontánea

Na sección Fale da plataforma Common Voice, ao escoller a opción Responder preguntas, os colaboradores poden gravar as súas respostas. Ademais, tamén poden participar transcribindo as respostas doutras usuarias e validando esas transcricións, contribuíndo así á creación dun corpus de fala de calidade.
O Instituto da Lingua Galega (ILG), a través do Proxecto Nós, colaborou na elaboración do primeiro conxunto de preguntas para recoller fala espontánea en galego. Non obstante, calquera persoa pode propoñer novas preguntas mediante a propia plataforma, o que garante que os contidos evolucionen de maneira aberta e participativa.
As achegas recollidas a través de Fala Espontánea conformarán un conxunto de datos independente, que se publicará baixo licenza CC0, en coherencia coa filosofía de datos abertos de Common Voice. Isto permitirá que investigadoras, lingüistas e outras persoas interesadas accedan libremente a datos de fala espontánea en galego, promovendo o desenvolvemento de tecnoloxías inclusivas e plurais, adaptadas ás necesidades reais das persoas usuarias, e fomentando a ciencia aberta e cidadá.

Proxecto Nós

O Proxecto Nós é unha iniciativa que busca situar o galego ao nivel das linguas máis avanzadas no ámbito das tecnoloxías da lingua e da Intelixencia Artificial. A súa finalidade principal é xerar os recursos necesarios para favorecer o desenvolvemento de servizos e produtos baseados nestas tecnoloxías, como asistentes de voz, tradutores automáticos ou axentes conversacionais.
Ao mesmo tempo, a iniciativa impulsa a presenza dixital do galego, facilitando a creación e difusión de ferramentas e recursos de alta calidade e de uso libre. Entre os recursos dispoñibles na web do proxecto atópanse un tradutor neuronal multilingüe, un recoñecedor de voz que transcribe a fala a texto e unha aplicación de síntese que permite escoitar contidos en galego. Estes recursos están ao alcance de calquera persoa, institución ou empresa interesada en integrar o galego en produtos tecnolóxicos, aplicacións ou servizos. Así, non só se garante o dereito da comunidade galegofalante a participar plenamente no mundo dixital, senón que tamén se promove a modernización e dixitalización do tecido empresarial galego, xerando valor a través de novos produtos en lingua galega.
O Proxecto Nós é unha proposta impulsada pola Xunta de Galicia, que encargou a súa execución á Universidade de Santiago de Compostela (USC) mediante dúas entidades de referencia na investigación en Intelixencia Artificial e tecnoloxías lingüísticas: o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS). Na actualidade, conta co financiamento do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través de fondos da Unión Europea–NextGenerationEU, no marco do proxecto ILENIA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?