Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 1,3 millóns de euros para axilizar o traballo do Servizo Galego de Saúde mediante IA xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

1,3 millóns de euros para axilizar o traballo do Servizo Galego de Saúde mediante IA xenerativa

Redacción
Publicado: 22/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250721_pte_consello_reunion_dcs_08.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou onte que o Goberno galego continúa a avanzar no desenvolvemento de solucións dixitais para mellorar a eficiencia dos recursos sanitarios, para o que destinarán 1.305.328,64 euros á contratación dun servizo para deseñar ferramentas baseadas en intelixencia artificial xenerativa, coas achegas dos profesionais da sanidade pública, que contribúan a desburocratizar o traballo do persoal do Servizo Galego de Saúde.
O Consello da Xunta tomou coñecemento dun informe da Consellería de Sanidade sobre a futura contratación de servizos de apoio ao diagnóstico mediante algoritmos e dunha plataforma de intelixencia artificial xenerativa orientada á toma de decisións clínicas.
Rueda destacou que a prioridade da Xunta é garantir que os profesionais sanitarios dispoñan de máis tempo para atender os seus pacientes. Así, a intelixencia artificial servirá de ferramenta para tarefas como a codificación de episodios de ingreso ou a redacción de informes de alta. O sistema recollerá datos de urxencias, cursos clínicos médicos e de enfermaría, informes de radiodiagnóstico e resultados de laboratorio, para propoñer unha codificación que despois será validada polos profesionais.
No caso dos informes de alta, a ferramenta ofrecerá un borrador estruturado con terminoloxía homoxeneizada, que poderá ser modificado polo profesional encargado da súa validación, escollendo que información manter ou eliminar.
Ademais, este sistema facilitará a estruturación da información empregando as etiquetas da historia clínica do Servizo Galego de Saúde. Cando un profesional escriba un texto con anotacións ou un informe sobre o paciente, a intelixencia artificial analizará o contido para identificar variables clínicas, procedementos, problemas de saúde ou síntomas. Posteriormente, devolverá esta información para que o profesional seleccione que elementos incorporar á historia clínica electrónica IANUS5.
O sistema tamén incluirá unha ferramenta de apoio baseada en protocolos e guías clínicas, capaz de emitir alertas ou recomendacións cando detecte que cómpre unha intervención por parte do facultativo, en función da análise automatizada deses documentos.
Outras funcionalidades permitirán facer consultas personalizadas sobre a historia clínica do paciente para obter información concreta de maneira máis rápida. Por exemplo, será posible acceder a informes de intervencións anteriores, como un cateterismo, ou calcular o nivel de gravidade dunha enfermidade segundo escalas clínicas recoñecidas, a partir dos datos dispoñibles.
Rueda salientou tamén que estas ferramentas beneficiarán directamente os pacientes. O sistema poderá resolver dúbidas relacionadas co tratamento farmacolóxico, como a duración dun medicamento, a frecuencia de toma, se se pode dividir unha pastilla ou se determinados síntomas poderían estar asociados ao tratamento. Para iso, a intelixencia artificial consultará a información do tratamento activo do paciente, sempre respectando as indicacións establecidas polo equipo clínico.
Outra utilidade destacada será a posibilidade de traducir a historia clínica do paciente a unha linguaxe sinxela e comprensible para a cidadanía. No caso do persoal sanitario, xerará informes estruturados baseados en antecedentes, análises ou evolución clínica, o que permitirá unha revisión máis áxil.
Todas estas solucións serán avaliadas e aplicaranse aquelas que demostren maior eficiencia, co obxectivo de reducir a carga burocrática dos profesionais do Sergas e mellorar a calidade asistencial mediante a automatización e optimización dos procesos clínicos e administrativos.
A Consellería de Sanidade prevé que as primeiras destas ferramentas poidan estar operativas ao longo do segundo semestre de 2026.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?