Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta reforzará o CESGA con máis de 34 millóns de euros en novos equipamentos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta reforzará o CESGA con máis de 34 millóns de euros en novos equipamentos

Redacción
Publicado: 22/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250721_pte_consello_reunion_dcs_05.jpgO Consello da Xunta deu onte un novo paso para facer realidade, no ano 2026, a entrada en funcionamento dun novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), co obxectivo de fortalecer o seu liderado internacional. En concreto, autorizouse a licitación de dous contratos para a adquisición de novos equipamentos cun investimento superior aos 34 millóns de euros: a compra do novo supercomputador Finisterrae IV e dun sistema de almacenamento (por máis de 25 millóns de euros), así como dun computador cuántico (por máis de 9 millóns).
Este investimento forma parte do orzamento total de 56 millóns de euros destinado á construción do novo edificio e á ampliación das capacidades do centro, o maior realizado ata agora no CESGA. A iniciativa está financiada con fondos europeos e achegas da Xunta, logo de captar 47,4 millóns de euros do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do PERTE Chip. Galicia foi, de feito, a comunidade que conseguiu a maior porcentaxe de fondos entre todos os membros da Rede Española de Supercomputación (RES), alcanzando o 75 % do total repartido no Estado.
As novas infraestruturas estarán emprazadas no edificio en construción no polígono da Sionlla, que disporá dunha superficie construída superior aos 2.400 metros cadrados, ademais dunha zona exterior para equipamentos técnicos. O novo supercomputador achegará unha potencia adicional para dar resposta a necesidades de intelixencia artificial, mentres que o sistema de almacenamento permitirá gardar grandes volumes de datos e ofrecer servizos avanzados. Pola súa parte, o computador cuántico dotará ao CESGA de capacidades pioneiras que favorecerán o desenvolvemento do ecosistema cuántico e reforzarán o seu papel como centro de referencia.
O proxecto permitirá incrementar de xeito destacado a capacidade de cálculo e almacenamento científico do CESGA, favorecendo os avances da comunidade investigadora galega e do CSIC en ámbitos como a física de altas enerxías, a climatoloxía, a intelixencia artificial ou o deseño de fármacos. Tamén suporá unha mellora dos servizos prestados polo centro, cun impacto positivo na calidade de vida da cidadanía galega e no impulso ás colaboracións con empresas de sectores estratéxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?