Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia contará en 2026 co seu primeiro espazo de datos industrial para impulsar a competitividade empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia contará en 2026 co seu primeiro espazo de datos industrial para impulsar a competitividade empresarial

Redacción
Publicado: 22/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250721_pte_consello_reunion_dcs_07.jpgA Xunta aprobou a creación do primeiro espazo de datos industrial de Galicia, unha infraestrutura virtual que permitirá ás empresas compartir e consumir información de forma segura, favorecendo o desenvolvemento de novos produtos, servizos e procesos máis eficientes, sustentables e internacionalizables.
Este ecosistema dixital, que contará cun investimento de 2,55 millóns de euros no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola UE-NextGenerationEU, desenvolverase en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (Dihgigal).
A plataforma virtual centrarase inicialmente en sectores estratéxicos como a automoción, o naval, a loxística e o aeroespacial. Durante a primeira fase, traballarase na creación dunha arquitectura segura e interoperable que conecte empresas, centros tecnolóxicos e entidades de investigación, en consonancia cos estándares europeos. Na segunda fase, validaranse casos de uso concretos, como sistemas preditivos de demanda no naval, solucións de aforro enerxético para a automoción, planificación con drons para a loxística costeira ou rutas intelixentes no transporte.
O proxecto prevé tamén o mantemento do espazo durante os tres anos seguintes á súa posta en marcha, a cargo de ITG e Dihgigal, baixo supervisión da Xunta. Ademais, desenvolverase un modelo de negocio que garanta a súa sustentabilidade e permita consolidalo como referente na economía do dato.
Esta iniciativa pretende fortalecer as cadeas de valor industriais galegas, fomentar a innovación colaborativa e contribuír á soberanía dixital, xerando ao tempo novas oportunidades de emprego cualificado e situando Galicia á vangarda da dixitalización industrial en Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?