Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altman advirte do uso da IA para cometer fraudes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altman advirte do uso da IA para cometer fraudes

Redacción
Publicado: 23/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sam_altman_reserva_federal_01.jpgDurante unha intervención na Reserva Federal dos Estados Unidos, o director xeral de OpenAI, Sam Altman, advertiu de que o mundo podería estar preto dunha «crise de fraude» provocada polo uso malintencionado da intelixencia artificial para suplantar identidades, xa que o avance da IA está a deixar obsoletos moitos métodos de autenticación, como o recoñecemento de voz, que aínda empregan algunhas entidades financeiras.
sam_altman_reserva_federal_02.jpg «É unha tolemia seguir permitindo transferencias de diñeiro importantes baseándose só nunha frase de voz. A IA xa superou a maioría dos métodos actuais de autenticación, agás os contrasinais», advertiu Altman, quen tamén apuntou que OpenAI non desenvolve ferramentas para suplantación, porén advertiu de que o mundo terá que enfrontar en breve o reto de discernir entre contidos reais e falsos en voz e vídeo. «Hoxe é unha chamada de voz; mañá será unha videollamada indistinguible da realidade», apuntou.
sam_altman_reserva_federal_03.jpg Altman tamén expresou preocupación ante o risco de que actores maliciosos desenvolvan unha superintelixencia antes de que o mundo estea preparado para defendérense, mencionando posibles ataques a infraestruturas críticas ou o desenvolvemento de armas biolóxicas como escenarios posibles.
En canto ao impacto da IA no emprego, Altman distanciouse de outras voces do sector que alertan dunha destrución masiva de postos de traballo. «Ninguén sabe o que vai pasar. Hai moitas predicións intelixentes, pero a realidade é que este sistema é demasiado complexo para facer prognósticos certeiros», asegurou. Aínda así, vaticinou que desaparecerán profesións enteiras e aparecerán outras novas, e apuntou que dentro de 100 anos o concepto de traballo podería perder sentido: «Terás todo o que precises e nada que facer, así que inventarás un traballo para sentirte útil».

ChatGPT mellora a produtividade

Coincidindo coa súa intervención, OpenAI publicou un informe onde se defende que ChatGPT está a mellorar a produtividade dos traballadores. O documento compara o impacto da IA con outras tecnoloxías transformadoras como a electricidade ou o transistor, e estima que ChatGPT conta xa con 500 millóns de usuarios en todo o mundo.
Segundo o informe, o 20 % dos usuarios nos EE.UU. empregan ChatGPT como titor personalizado para aprender ou mellorar habilidades profesionais. Máis da metade teñen entre 18 e 34 anos, o que podería traducirse en beneficios económicos a longo prazo.


Comparecencia de Sam Altman na Reserva Federal

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?