Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Intel despedirá a preto de 75 mil traballadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Intel despedirá a preto de 75 mil traballadores

Redacción
Publicado: 24/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intel-bio-headshot-lip-bu-tan.jpgIntel iniciou unha nova etapa marcada por unha reestruturación profunda e un cambio de rumbo estratéxico tras os anuncios realizados polo seu conselleiro delegado, Lip-Bu Tan. No seu primeiro comunicado dirixido ao persoal desde que asumiu o cargo en marzo, Tan presentou as medidas adoptadas no segundo trimestre e debuxou as liñas mestras do novo Intel, que inclúen un forte axuste de persoal, unha revisión do seu modelo de negocio e unha redefinición da súa aposta pola intelixencia artificial.
O anuncio prodúcese tras presentar uns resultados trimestrais mellores do previsto, cun nivel de ingresos que superou a marxe alta das estimacións. Porén, Tan recoñeceu que o crecemento require «decisións duras pero necesarias», como a redución do cadro de persoal global nun 15 %, ata arredor de 75.000 empregados, e a simplificación das estruturas directivas, con eliminación de aproximadamente a metade dos niveis de mando intermedios.
En paralelo, Intel tamén confirmou que renuncia aos seus proxectos industriais en Alemaña e Polonia e que pechará parte das súas operacións de ensamblaxe en Costa Rica, consolidándoas nos seus centros de Vietnam e Malaisia. A compañía tamén atrasará o ritmo de construción da súa fábrica en Ohio, nos Estados Unidos, co obxectivo de axustar os investimentos á demanda real.
A nova estratexia de Tan articúlase en torno a tres piares: transformar Intel Foundry nun negocio financeiramente máis disciplinado, revitalizar o ecosistema x86 e redefinir o enfoque da compañía en intelixencia artificial.
En canto á súa actividade como fundición, Intel adoptará unha política de investimento baseada exclusivamente en compromisos comerciais firmes, abandonando o modelo anterior de expansión sen demanda asegurada. A tecnoloxía Intel 18A converterase no núcleo da súa produción, con especial atención ao nodo Intel 14A, deseñado en colaboración directa con clientes estratéxicos.
Na área de procesadores, o CEO comprometeuse a recuperar cota de mercado nos segmentos de consumo e servidores, impulsando produtos como Panther Lake e Granite Rapids. Intel tamén reintroducirá o sistema de simultaneous multi-threading (SMT) tras considerar que a súa retirada foi un erro estratéxico.
Por último, Tan anunciou un cambio radical na visión da compañía sobre a intelixencia artificial, pasando dun modelo centrado na formación de modelos a outro orientado á inferencia e aos axentes de IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?