Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta promove a protección do tecido empresarial galego cun novo programa de axudas á ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta promove a protección do tecido empresarial galego cun novo programa de axudas á ciberseguridade

Redacción
Publicado: 28/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250728_pte_consello_reunion_dcs_04.jpgO Consello da Xunta aprobou unha nova convocatoria de axudas, baixo o nome Empresa Cibersegura 2025, co obxectivo de reforzar a seguridade dixital das empresas galegas. A iniciativa, que conta cun orzamento inicial de 1,5 millóns de euros, está deseñada para apoiar a implantación de solucións técnicas e organizativas fronte a ameazas cibernéticas, a través de entidades especializadas previamente homologadas.
Este programa, impulsado pola Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE, busca consolidar a cultura da ciberseguridade no tecido produtivo de Galicia, favorecendo o acceso das empresas a servizos avanzados que incrementen a súa capacidade de prevención, resposta e confianza ante riscos no contorno dixital.
As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva e permitirán financiar ata o 75 % do custo dos servizos contratados, cun límite de 30.000 euros por empresa. Os pagamentos faranse directamente aos provedores homologados, sen que as empresas teñan que adiantar os custos. Ademais, poderá autorizarse un pagamento a conta de ata o 50 % da subvención.
Entre as accións subvencionables inclúense o diagnóstico da madurez dixital, a análise de riscos de ciberseguridade, a execución de itinerarios técnicos específicos en contornos cloud (IaaS), tecnoloxías da información (ITaaS) e operacións industriais (OTaaS), así como campañas de sensibilización, implantación de estándares de calidade e contratación de servizos estratéxicos.
O procedemento de homologación dos provedores garante a solvencia técnica, a experiencia e a capacidade operativa das entidades participantes, asegurando que as empresas beneficiarias conten cun acompañamento profesional e adaptado ás súas necesidades.
A publicación oficial da convocatoria realizarase nas próximas semanas, e as solicitudes poderán presentarse ata o 15 de novembro de 2025 unha vez se complete o proceso de homologación das entidades colaboradoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?