Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova torre de telecomunicacións para mellorar a cobertura móbil no rural de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Nova torre de telecomunicacións para mellorar a cobertura móbil no rural de Lugo

Redacción
Publicado: 28/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

280725_torre_telefonia_mobil_3.jpgA Xunta de Galicia vén de instalar unha nova torre de telecomunicacións en San Pedro de Mera coa que se busca mellorar a cobertura móbil na zona rural da provincia de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a infraestrutura e explicou que a AMTEGA destina preto de 700.000 euros ás tres torres que se despregaron no municipio nos últimos meses.
Segundo explicou Arias, con esta nova infraestrutura complétase a actuación iniciada este ano coa instalación das torres en Santa María Alta e Gondar. En conxunto, permitirán reforzar a cobertura móbil en 15 núcleos de poboación: Alta, Gondar, Bacurín, Carricova, O Burgo, Hospital, San Pedro de Abaixo, San Pedro de Arriba, Cabanas, Locai, Marcoi, Riobó, Miñao, Vilariño e Torible.
O delegado lembrou que estas actuacións son desenvolvidas por Retegal no marco dun plan promovido en colaboración coa Fegamp, que beneficia a 290 entidades de poboación repartidas por 65 concellos galegos. A empresa pública da Xunta encárgase de achegar a infraestrutura, mentres que o servizo se adxudicou a un operador privado a través dun procedemento de subvención.
Arias subliñou que a Xunta «impulsou este proceso para garantir unha cobertura móbil áxil e eficiente en áreas con escasa densidade de poboación, para facilitar a actividade económica e o asentamento de persoas mozas no entorno rural».
A construción destas torres enmárcase nunha actuación complementaria aos compromisos do Estado, administración que ten as competencias en materia de telecomunicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?