Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 1,8 millóns de euros en servizos de IA para o Servizo Galego de Saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

1,8 millóns de euros en servizos de IA para o Servizo Galego de Saúde

Redacción
Publicado: 30/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250730_rolda_de_prensa_ia_2.jpgO conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou hoxe a licitación, a través da plataforma de contratos públicos da Xunta, de dous contratos por un importe de 1,8 millóns de euros destinados ao desenvolvemento de novos servizos baseados en intelixencia artificial co fin de axilizar a elaboración de informes médicos, facilitar a toma de decisións e resolver dúbidas por parte dos pacientes.
Acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, e polo subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón, o titular de Sanidade detallou a estratexia de incorporación da intelixencia artificial no sistema sanitario público galego.
Estes contratos, financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea, teñen como obxectivo dotar o sistema sanitario de máis capacidade para tomar decisións informadas, realizar un seguimento continuo dos pacientes, ofrecer máis ferramentas para que os doentes poidan xestionar a súa saúde e garantir atención continua e capacidade de anticipación.

Contidos
  • Control preventivo e ferramentas de apoio
  • Unha aposta decidida pola IA

Control preventivo e ferramentas de apoio

20250730_rolda_de_prensa_ia_3.jpgSegundo explicou o conselleiro, o primeiro dos contratos está orientado ao desenvolvemento de servizos de intelixencia artificial dirixidos ao control preventivo de pacientes con diabetes, mediante a incorporación de procesos de detección automática baseados en información clínica que permitan alertar aos profesionais da aparición da enfermidade en menores de 35 anos.
Na actualidade, Gómez Caamaño sinalou que arredor de 12.000 pacientes están integrados na plataforma E-diabetes, na que se recompilan datos glicémicos que permiten identificar alteracións nos niveis de glicosa.
O segundo contrato contempla a adquisición de servizos de apoio ao diagnóstico mediante algoritmos e o uso dunha plataforma de intelixencia artificial xenerativa. Entre os beneficios para os pacientes, o conselleiro destacou a posibilidade de resolver dúbidas sobre tratamentos farmacolóxicos, interpretar informes médicos e obter resumos da súa historia clínica.
Ademais, subliñou que estas ferramentas suporán unha axuda importante para o persoal sanitario, ao permitirlles estruturar e resumir a información das historias clínicas, así como xerar borradores de informes de alta e realizar consultas personalizadas de xeito áxil e preciso.
Está previsto que as solucións desenvolvidas a través destes contratos comecen a implementarse na segunda metade do próximo ano.

Unha aposta decidida pola IA

Na súa intervención, Gómez Caamaño incidiu na necesidade de manter un equilibrio entre innovación e control para que a incorporación da intelixencia artificial supoña un avance real no traballo dos profesionais e no servizo prestado á cidadanía.
Nesa liña, destacou que Galicia foi a primeira comunidade en aprobar unha lei específica neste ámbito, ademais de contar cun plan de transformación dixital da sanidade para o período 2023-2026, cun orzamento de 200 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?