Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google subscribirá o Código de Boas Prácticas para a IA na Unión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google subscribirá o Código de Boas Prácticas para a IA na Unión Europea

Redacción
Publicado: 30/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Google anunciou que asinará o Código de Boas Prácticas da Unión Europea para a Intelixencia Artificial de Propósito Xeral, unha iniciativa voluntaria destinada a garantir o desenvolvemento e uso responsable da IA en Europa. A compañía únese así a outros provedores de modelos, tamén estadounidenses, nun esforzo conxunto por facilitar o acceso da cidadanía e das empresas europeas a ferramentas seguras e de calidade, coa expectativa de que esta tecnoloxía contribúa a impulsar o crecemento económico do continente.
Segundo Kent Walker, presidente de Asuntos Globais de Google e Alphabet, a aplicación efectiva do Código podería favorecer un incremento do 8 % no PIB europeo de aquí a 2034, o que suporía uns 1,4 billóns de euros anuais. A compañía celebra que a versión final do documento estea máis aliñada cos obxectivos de innovación e desenvolvemento económico da UE que os seus primeiros borradores, e agradece a oportunidade de ter participado no proceso consultivo.
Porén, Google tamén advirte de que tanto a Lei de IA como o propio Código seguen implicando riscos que poderían frear a implantación da tecnoloxía na rexión. A empresa expresa a súa preocupación por posibles desviacións respecto ao marco legal vixente en materia de dereitos de autor, atrasos nos procesos de aprobación e esixencias que poderían obrigar a revelar segredos comerciais, o que, segundo subliña, podería lastrar a competitividade da IA europea fronte a outras rexións.
Google comprométese a traballar coa Oficina de Intelixencia Artificial da UE para garantir que o Código sexa proporcionado e adaptado á evolución acelerada desta tecnoloxía, e avoga por un enfoque que favoreza a innovación, o investimento e o progreso tecnolóxico no continente.
En contraste, a semana pasada dende Meta manifestaron a súa intención de non subscribir o Código de Boas Prácticas, por considerar que «introduce incertezas legais para os desenvolvedores de modelos, así como medidas que van moito máis aló da Lei da IA».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?