Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amplía en máis de 5,3 millóns o orzamento das axudas IA360
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amplía en máis de 5,3 millóns o orzamento das axudas IA360

Redacción
Publicado: 31/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dog_ia360.jpgO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación da dotación orzamentaria das axudas IA360 en máis de 5,3 millóns de euros. Este incremento destinarase á liña A do programa, centrada no desenvolvemento tecnolóxico e na comercialización de produtos e servizos baseados en intelixencia artificial. Inicialmente dotada con 5,5 millóns de euros, esta liña disporá agora dun total de 10,8 millóns, co obxectivo de atender un número maior de proxectos.
O programa IA360 foi creado para fomentar a incorporación da intelixencia artificial no tecido produtivo galego a través de tres liñas de actuación complementarias. A liña A, que agora recibe esta ampliación, está enfocada ao impulso de novos desenvolvementos tecnolóxicos e á súa saída ao mercado.
Pola súa parte, a liña B está orientada á implantación de solucións comerciais baseadas en IA e ao desenvolvemento de proxectos de xestión estratéxica de datos, co fin de reforzar a competitividade empresarial. A liña C, en cambio, promove a formación dos traballadores en competencias vinculadas á intelixencia artificial, favorecendo a súa integración nas cadeas de valor das empresas.
No caso concreto da liña A, a ampliación permitirá atender máis solicitudes, despois de que o prazo de presentación se pechase o pasado 30 de abril cun total de 117 proxectos rexistrados, mostra do crecente interese do tecido empresarial galego por incorporar esta tecnoloxía aos seus procesos produtivos, comerciais ou de servizo.
Estas axudas poden cubrir ata o 60 % do investimento no caso de pequenas empresas, o 50 % para medianas e ata o 40 % para grandes, cun límite máximo de 1 millón de euros por proxecto. Entre os gastos subvencionables figuran custos de persoal, equipamento, obras necesarias para a súa execución e custos indirectos. Os proxectos deberán contar cun orzamento mínimo de 100.000 euros e ter un nivel de madurez tecnolóxica TRL 6 ou superior.
O programa está cofinanciado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, mediante os fondos europeos NextGenerationEU, e enmárcase na iniciativa RETECH-Cadea de valor en Intelixencia Artificial, unha aposta estratéxica para utilizar a tecnoloxía como motor de crecemento e modernización do tecido empresarial galego.
Esta ampliación orzamentaria non implica a reapertura do prazo de solicitudes. As condicións da convocatoria mantéñense sen modificacións, e o apoio continuará prestándose por orde de entrada das solicitudes completas.
Con esta medida, a Xunta reafirma o seu compromiso coa innovación e coa transformación dixital, contribuíndo a que as empresas galegas poidan incorporar tecnoloxías avanzadas que lles permitan mellorar a súa eficiencia, diversificar mercados e liderar cadeas de valor intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?