Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CNMC permitirá que Telefónica compita libremente no mercado da fibra óptica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CNMC permitirá que Telefónica compita libremente no mercado da fibra óptica

Redacción
Publicado: 04/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foto-telefonica_0bcf3e.jpgO diario Expansión deu conta do feito de que a semana pasada a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) aprobou unha resolución que marca o fin da regulación ex ante do mercado de banda larga fixa residencial en España, centrado principalmente nas redes de fibra óptica. A medida supón que, a partir de febreiro de 2026, Telefónica deixará de estar obrigada a ofrecer acceso regulado á súa rede de fibra aos operadores rivais, como viña facendo ata agora.
A liberalización afecta os mercados de acceso local e central, que a CNMC xa non considera como suxeitos a condicións que xustifiquen a imposición de obrigas específicas. Con esta decisión, Movistar gañará unha maior marxe de manobra comercial, xa que deixará de estar limitada pola necesidade de obter autorización previa para lanzar novas tarifas ou promocións, un proceso que ata agora podía levar entre dúas semanas e un mes.
Non obstante, manterase vixente a regulación que obriga Telefónica a permitir o uso da súa infraestrutura física (como canalizacións, arquetas ou postes), clave para a despregadura da fibra por parte de operadores como Masorange, Digi, Vodafone, Onivia ou Avatel.
Un dos aspectos máis relevantes da nova etapa será a eliminación do requisito de replicabilidade que afectaba ás ofertas comerciais de Movistar. Ata agora, a CNMC debía avaliar se as tarifas da operadora eran replicables polos seus rivais con base nos prezos maioristas, limitando así a súa capacidade de competir en ofertas de retención de clientes. Con este cambio, Telefónica poderá reaccionar con máis axilidade ante os movementos da competencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?