Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O hipersector TIC galego incrementa o valor das súas exportacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O hipersector TIC galego incrementa o valor das súas exportacións

Redacción
Publicado: 04/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2025_informehipersector-tic_exportacions.jpgAs exportacións do Hipersector TIC galego, que engloba o sector tecnolóxico e o de contidos, medraron un 13 % nun ano, ata alcanzar os 136 millóns de euros, fronte aos 120 millóns rexistrados en 2022. Este avance está impulsado, en boa medida, polo forte crecemento da fabricación de computadoras e equipos periféricos (+46,4 %) e dos produtos electrónicos de consumo (+40,1 %).
2025_informehipersector-tic.jpgAsí o recolle o informe Galicia Dixital. O Hipersector TIC en Galicia, elaborado polo OSIMGA, dependente da AMTEGA, que tamén destaca unha caída do 25,1 % nas importacións, tanto no sector TIC (-25,5 %) como no de contidos (-17,1 %). Como consecuencia, o déficit comercial reduciuse máis dun 85 %, ao pasar de case 77 millóns de euros en 2022 a só 11 millóns en 2023.
O estudo indica, ademais, que o valor engadido bruto (VEB) do Hipersector superou por primeira vez os 2.000 millóns de euros, cun incremento anual do 10,3 %. O sector TIC achega máis de 1.800 millóns (+9,5 %), mentres que o sector contidos experimenta un crecemento do 15,5 %, unha mellora notable respecto de anos anteriores.
No tocante ao número de empresas, Galicia conta con 4.098 entidades activas no Hipersector TIC, o que supón o 4,9 % do total estatal e o 1,7 % do tecido empresarial galego. Estes datos consolidan a posición da comunidade como a quinta no conxunto do Estado. En canto ao emprego, no ano 2024 acadáronse os 29.099 traballadores, cun aumento interanual do 1,9 %.

Contidos
  • O emprego medra, sobre todo no sector TIC e entre as mulleres
  • Distribución territorial: A Coruña, á cabeza do emprego TIC

O emprego medra, sobre todo no sector TIC e entre as mulleres

2025_informehipersector-tic_emprego.jpgO sector TIC lidera a creación de emprego, con 23.467 postos de traballo, un 2,3 % máis ca no ano anterior. Pola súa parte, o sector contidos mantense estable, cun lixeiro ascenso do 0,1 %, ata os 5.632 traballadores.
Un ano máis, destaca a achega do Hipersector á redución da fenda de xénero: o emprego feminino medrou un 2,5 %, por riba do incremento xeral, que foi do 1,9 %, consolidando unha tendencia positiva por cuarto ano consecutivo. As mulleres representan o 33,6 % do total de traballadores do sector, cunha presenza do 31,1 % no ámbito TIC e do 44 % no de contidos.

Distribución territorial: A Coruña, á cabeza do emprego TIC

2025_informehipersector-tic_emprego_provincial.jpgA actividade do Hipersector concéntrase maioritariamente no eixe atlántico, coas provincias da Coruña e Pontevedra reunindo o 89,8 % do emprego total. A Coruña mantense como a provincia con maior peso, cun 62 % do emprego TIC, que supón un total de 14.412 traballadores e un crecemento do 5,4 % respecto de 2023.
No sector contidos, o emprego mantense practicamente sen variacións. Rexístrase un lixeiro aumento en Lugo e Pontevedra e unha leve caída na Coruña e Ourense. A provincia da Coruña concentra o 64,5 % do emprego no sector contidos e, xunto con Pontevedra, suma o 87,6 % dos postos de traballo neste ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?