Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Por fin é posible republicar en Instagram
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Por fin é posible republicar en Instagram

Redacción
Publicado: 06/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

instagram_reposts_01.jpgDende que Instagram deixou de ser unha aplicación de fotografía e se transformou nunha plataforma social os usuarios veñen demandando a existencia dunha función para republicar contidos doutros usuarios, e finalmente a compañía cedeu a tal demanda incorporando de paso outras novidades pensadas para facilitar que os usuarios descubran novas experiencias e se manteñan en contacto cos seus círculos máis próximos. A partir de hoxe, xa é posible republicar contidos, ver nun mapa onde están os amigos e explorar un novo apartado que amosa as interaccións cos Reels por parte de persoas coñecidas.
Como xa dixemos, a funcionalidade máis destacable é a opción de republicar vídeos e publicacións públicas. Estas republicacións aparecerán tanto no feed dos seguidores como nunha pestana separada no perfil do usuario, facilitando a súa consulta posterior. Para os creadores, esta función pode abrir novas oportunidades de visibilidade, xa que os seus contidos poderán chegar a públicos que aínda non os seguen, se alguén os republica.

Mapas e amigos

instagram_03_content-on-map_and_friends.jpg Xunto a isto, o novo mapa de Instagram permite compartir de maneira opcional a última localización activa cos amigos escollidos. A localización só se actualiza cando se abre a aplicación e pode desactivarse en calquera momento. A función tamén permite consultar contidos publicados desde lugares concretos, como historias ou Reels etiquetados xeograficamente, que estean dispoñibles durante 24 horas. Para os pais que teñan activado o control parental, existe a posibilidade de supervisar esta opción nos perfís dos seus fillos.
Tamén se está implantando globalmente a pestana Amigos dentro de Reels. Nela, é posible ver os vídeos que os contactos marcaron como gústame, comentaron, republicaron ou crearon. Esta vista está deseñada para promover conversas arredor do contido compartido e reforzar a interacción cos máis achegados. Ademais, engádense opcións de configuración para ocultar a propia actividade e silenciar as actualizacións de certas persoas.
Estas funcións comezan a despregarse hoxe, con dispoñibilidade inicial nos Estados Unidos no caso do mapa, e unha expansión global progresiva nas demais características.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?