Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft xa integra GPT-5 nos seus produtos e servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft xa integra GPT-5 nos seus produtos e servizos

Redacción
Publicado: 07/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

copilot_gpt-5_smart.jpgTras a presentación en sociedade de GPT-5 por parte de OpenAI, Microsoft anunciou a súa incorporación a unha ampla gama dos seus produtos e servizos, tanto para usuarios particulares como para empresas e desenvolvedores. O modelo, adestrado en Azure, combina as últimas capacidades de razoamento de OpenAI cun sistema rápido e versátil, co obxectivo de ofrecer sempre a ferramenta máis axeitada segundo a tarefa, xa sexa nun contexto de consumo, profesional ou de desenvolvemento.
A través de Microsoft 365 Copilot e Microsoft Copilot, os usuarios poderán beneficiarse automaticamente das melloras en razoamento e creatividade que achega GPT-5, sen ter que decidir que modelo empregar, grazas a un enrutador en tempo real. No ámbito empresarial, Microsoft 365 Copilot poderá analizar e contextualizar correos electrónicos, documentos e ficheiros, facilitando a xestión de tarefas complexas. Ademais, Microsoft Copilot Studio permitirá crear axentes personalizados baseados en GPT-5 para procesos de negocio avanzados.
No caso de Microsoft Copilot, dispoñible de balde en web e aplicacións para Windows, Mac, Android e iOS, introdúcese o novo modo Smart, que emprega GPT-5 para ofrecer solucións máis precisas e completas a consultas complexas, mellorar textos ou xerar imaxes a partir de ideas.
Os desenvolvedores tamén terán acceso ao novo modelo. GitHub integrará GPT-5 en todos os plans de pagamento de GitHub Copilot, permitindo escribir, probar e implementar código tanto en GitHub Copilot Chat como en Visual Studio Code e GitHub Mobile, co apoio da extensión Azure AI Foundry para crear axentes sen saír do editor. Pola súa parte, Azure AI Foundry incorporará todos os modelos GPT-5 cun sistema de enrutado que selecciona o máis axeitado segundo a complexidade, o rendemento e o custo de cada solicitude.
O AI Red Team de Microsoft someteu o modelo de razoamento de GPT-5 a probas rigorosas antes do seu lanzamento, constatando que ofrece un dos perfís de seguridade máis sólidos en comparación con versións anteriores, especialmente fronte á xeración de malware, a automatización de fraudes ou outros usos maliciosos. As actualizacións comezan a despregarse hoxe para todos os segmentos de usuarios da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?