Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sancionan á empresa responsable do polideportivo de San Diego polo seu sistema de recoñecemento biométrico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sancionan á empresa responsable do polideportivo de San Diego polo seu sistema de recoñecemento biométrico

Redacción
Publicado: 07/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

p_entidad_1149056026679_10999343.jpgA Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) impuxo unha sanción de 96.000 euros á cadea de ximnasios Supera pola utilización obrigatoria de recoñecemento facial como método exclusivo de acceso ás súas instalacións. A decisión chega tras unha denuncia presentada en 2023 por FACUA-Consumidores en Acción, que advertiu do uso indebido de datos biométricos sen o consentimento expreso dos usuarios.
A multa, inicialmente fixada en 160.000 euros repartida en tres sancións distintas, reduciuse nun 40 % despois de que Sidecu, empresa con sede na Coruña e propietaria da cadea, recoñecera a infracción e optase polo pago voluntario.
complejo-deportivo-san-diego_img178431t0.jpg Segundo se recolle na resolución, Supera impuxo o recoñecemento facial como única vía de acceso aos seus centros (entre os que destaca o Complexo Polideportivo Municipal San Diego da Coruña), sen ofrecer alternativas, o que impide considerar que o consentimento dos usuarios fose libre e explícito, tal como esixe o Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR). A AEPD subliña que os datos biométricos destinados a identificar de forma inequívoca unha persoa física están incluídos na categoría de datos especialmente protexidos e o seu tratamento está prohibido salvo que concorran excepcións claras, como o consentimento expreso.
Ademais da infracción máis grave (cunha sanción de 80.000 euros) polo tratamento ilícito de datos biométricos, impóñense tamén outras dúas multas: unha de 50.000 euros por non elaborar un Estudo de Impacto en Protección de Datos (EIPD), requisito obrigatorio nos tratamentos considerados de alto risco; e outra de 30.000 euros por non informar previamente aos usuarios da posta en marcha do sistema de recoñecemento facial.
A resolución da AEPD deixa clara a obriga das empresas de cumprir estritamente a normativa vixente en materia de protección de datos, especialmente cando se trata de información sensible como os datos biométricos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?