As páxinas de Bloomberg recolleron onte unha nova edición do boletín Power On de Mark Gurman, onde dan conta de que Apple está a preparar unha evolución clave para Siri que, se cumpre as expectativas, podería transformar a forma de usar o iPhone, aínda que cómpre salientar que falamos de prestacións que avanzadas oficialmente en xuño de 2024 (polo que estarían a chegar un retraso notable).
O novo sistema de control por voz, baseado nunha versión mellorada de App Intents, permitiría executar accións dentro de aplicacións unicamente coa voz, como atopar e editar unha foto para enviala, comentar en Instagram, engadir un produto ao carriño nunha tenda en liña ou iniciar sesión nun servizo sen tocar a pantalla.
Esta tecnoloxía sería tamén esencial para os futuros dispositivos domésticos de Apple, como unha pantalla intelixente prevista para o ano que vén e un robot de sobremesa, aínda que os atrasos na nova Siri obrigaron a pospoñer un ano o primeiro destes produtos.
A compañía prevé lanzar a función na primavera, xunto cunha renovación da infraestrutura de Siri, pero non estará dispoñible en todas as aplicacións desde o primeiro día. O obxectivo é garantir que funcione con precisión, especialmente en ámbitos sensibles como a banca ou a saúde, nos que podería haber limitacións ou exclusións. Entre as apps en probas figuran Uber, AllTrails, Threads, Temu, Amazon, YouTube, Facebook, WhatsApp e xogos, ademais das propias de Apple.
Siri podería entenderse coas aplicacións no iPhone a partir da primavera de 2026
Compartir Este Artigo
