Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achega 1,5 millóns de euros en axudas para reforzar a ciberseguridade das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achega 1,5 millóns de euros en axudas para reforzar a ciberseguridade das empresas galegas

S. P.
Publicado: 14/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberseguridade-22.jpgA Xunta activou unha nova iniciativa para incrementar a protección tecnolóxica das nosas empresas: o programa Empresa Cibersegura 2025, unha nova liña de axudas impulsada pola Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE, dirixida a mellorar a preparación dixital das empresas galegas fronte aos riscos crecentes no entorno dixital.
Cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, o programa facilitará a adopción de solucións técnicas avanzadas en materia de seguridade da información, reducindo as vulnerabilidades e fortalecendo a confianza no ecosistema dixital galego.
Segundo informou a Xunta, a convocatoria “está deseñada para atender as necesidades tanto de pequenas como de medianas e grandes empresas, promovendo unha verdadeira cultura da ciberseguridade no tecido produtivo”. Deste xeito, a través de entidades provedoras homologadas, as compañías beneficiarias poderán acceder a un amplo catálogo de servizos especializados: desde auditorías de riscos e probas de vulnerabilidades ata a implantación de sistemas de seguridade, políticas internas ou acompañamento estratéxico mediante o modelo CISO as a Service.
A intensidade da axuda será do 75 % dos custos subvencionables, cun máximo de 30.000 euros por proxecto, e tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, o que permite a súa concesión por orde de entrada das solicitudes que cumpran cos requisitos.
A Xunta destacou que “a mecánica do programa está pensada para minimizar a carga económica das empresas, xa que o pagamento se realizará directamente ao provedor homologado, sen que a empresa teña que adiantar fondos”. Tamén se contempla a posibilidade dun pagamento a conta de ata o 50 % da subvención, logo da xustificación parcial da actuación.
As actuacións obxecto de subvención abranguen desde un diagnóstico inicial da madurez dixital e os riscos de ciberseguridade, ata a execución de itinerarios técnicos especializados en contornos cloud (IaaS), tecnoloxías da información (ITaaS) ou tecnoloxías operativas industriais (OTaaS). Inclúense tamén servizos de hacking ético, campañas de sensibilización, asistencia na implantación de estándares de calidade e seguridade, e mesmo a contratación de servizos estratéxicos neste eido.
O prazo para que as entidades especializadas soliciten a súa homologación como provedores ficará aberto ata o 25 de setembro de 2025. Unha vez resolta a lista de provedores homologados, abrirase a fase de solicitude para as empresas, que disporán de prazo ata o 15 de novembro de 2025.
A convocatoria pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026
Actualidade

A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do PEL 2027, que renovan apoios para a transformación tecnolóxica

24/11/2026
neno_nena_computador_ordenador_portatil_cativo_rapaz.jpg
Actualidade

O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle este venres unha charla sobre móbiles, pantallas e redes

24/11/2026
Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?