Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 12 millóns de euros para iniciativas de I+D+i entre centros de coñecemento e empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

12 millóns de euros para iniciativas de I+D+i entre centros de coñecemento e empresas

Redacción
Publicado: 18/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria das Unidades mixtas de investigación, á que se destinarán doce millóns de euros tanto para impulsar novas iniciativas como para consolidar proxectos xa en marcha. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP prevé mobilizar un total de trinta millóns de euros con esta liña de apoio, que poderá solicitarse ata o 22 de setembro.
Con este investimento, a Xunta busca fomentar proxectos colaborativos entre centros de coñecemento de Galicia e empresas. Poderán optar ás subvencións agrupacións formadas por un organismo de investigación galego (centros tecnolóxicos e de innovación, universidades públicas, centros do Consello Superior de Investigación Científica con sede en Galicia, fundacións públicas de investigación sanitaria ou outros organismos) e unha ou varias empresas. Como novidade, este ano cada agrupación deberá incluír obrigatoriamente polo menos unha pequena ou mediana empresa.
A convocatoria céntrase en tres fases: a creación de novas unidades mixtas, a consolidación das creadas en 2020 e 2022 e o impulso de centros mixtos de investigación.
Desde a posta en marcha desta iniciativa en 2014 apoiáronse 54 unidades (39 de nova creación, 12 de consolidación e tres centros mixtos), nas que participaron 39 empresas e 14 centros de coñecemento galegos. O programa permitiu dar emprego a preto de 830 profesionais e mobilizar máis de cento cincuenta e dous millóns de euros.
As actividades subvencionables inclúen investigación industrial e desenvolvemento experimental, co obxectivo de conectar coñecemento, tecnoloxía e tecido produtivo, promovendo un modelo de I+D+i baseado na colaboración e no fortalecemento das cadeas de valor. Entre os custos que se cobren están persoal, equipamento de nova adquisición, adquisición de patentes ou subcontratación.
Esta oitava edición das Unidades mixtas de investigación enmárcase no programa Activa I+G+i, que a Xunta dota con preto de 53 millóns de euros repartidos en catro convocatorias: Nexos (28 millóns), Unidades Mixtas (12 millóns), Fortalecemento de centros tecnolóxicos (9,75 millóns) e Recuperación da excelencia Neotec (3 millóns). Espérase mobilizar así máis de 100 millóns de euros.
As axudas, incluídas no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 e cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa Galicia Feder 2021-2027, poñen o foco nas pequenas empresas para impulsar a I+D+i colaborativa e favorecer a transferencia de coñecemento que repercuta en melloras para a sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?