Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta novos plans de cara á volta ao cole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta novos plans de cara á volta ao cole

Redacción
Publicado: 18/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_plan_globo.jpgVodafone España vén de presentar unha nova oferta de plans que combinan conectividade fixa e móbil cun amplo catálogo de servizos de lecer, incluíndo plataformas de streaming, Vodafone TV e opcións de contidos deportivos como o fútbol. A iniciativa busca reforzar o posicionamento da compañía con estes tres novos plans principais.
O máis completo ofrece por 49 euros ao mes durante seis meses (despois 71 euros) fibra de 600 Mbps con router e instalación incluída, dúas liñas móbiles ilimitadas con 150 GB cada unha, Vodafone TV multidispositivo con funcionalidades avanzadas de xestión de contidos e as catro principais plataformas de streaming: HBO Max, Disney+, Prime Video e Netflix. Este plan permite engadir paquetes de fútbol como DAZN Fútbol, DAZN Total e o Pack Deportes, que inclúe LaLiga Hypermotion e competicións de tenis, ciclismo e motor a través de Eurosport 1 e 2.
Para quen busca optimizar custos mantendo unha boa conectividade, Vodafone ofrece un plan definitivo por 40 euros ao mes que inclúe fibra a 600 Mbps con router e instalación, así como unha liña móbil ilimitada con 50 GB a máxima velocidade.
Ademais, a opción Internet Portátil permite levar a conexión a calquera lugar por 20 euros ao mes, cun router premium con tecnoloxía Wi-Fi 6 que pode alcanzar velocidades de ata 1 Gbps en condicións óptimas.
A compañía tamén pon en marcha unha nova campaña publicitaria centrada na fiabilidade da súa rede, destacando que foi o operador que mellor respondeu á apagada eléctrica do pasado 28 de abril, segundo un estudo independente de Ookla. Grazas á súa arquitectura con autonomía enerxética distribuída, Vodafone conseguiu minimizar as interrupcións do servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?