Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova convocatoria de axudas para os clústeres innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova convocatoria de axudas para os clústeres innovadores

Redacción
Publicado: 19/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria das axudas destinadas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras. Trátase dun apoio de case 2 millóns de euros que permitirá financiar un total de 19 proxectos en ámbitos clave da economía galega.
O programa busca impulsar a competitividade, a innovación e a cooperación empresarial, apoiando clústeres que integran empresas e centros tecnolóxicos, de investigación ou formación. Preténdese así poñer en valor o seu papel como motores da modernización do tecido produtivo e como canles para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
As axudas, concedidas en concorrencia competitiva, poden cubrir ata o 70 % do custo subvencionable, cun máximo de 400.000 euros por proxecto. Ademais, establécese a posibilidade de realizar pagamentos a conta de ata o 80 % da subvención, sen necesidade de garantías.
A convocatoria inclúe actuacións como estudos e diagnósticos sobre cadeas de valor, plataformas de vixilancia tecnolóxica, prospección de mercados, elaboración de mapas sectoriais ou accións de sensibilización arredor da dixitalización, a sustentabilidade ou a internacionalización. Tamén contempla iniciativas para fomentar a colaboración interempresarial e multisectorial, favorecendo a hibridación de coñecementos e capacidades.
Na resolución resultaron beneficiarias entidades representativas de sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción (CEAGA), a acuicultura, a madeira, a biotecnoloxía (Bioga), o audiovisual, a economía circular (Viratec), o deporte, a comunicación ou o TIC. Xunto a elas tamén figuran clústeres industriais como o naval (Aclunaga), o metal (ASIME), o téxtil ou o da biomasa.
Con esta última convocatoria, a Xunta acumula xa o apoio a preto de 70 proxectos de clústeres desde a posta en marcha desta liña, cunha achega pública superior aos 12 millóns de euros e un investimento mobilizado de máis de 20 millóns.
Deste xeito, o Executivo autonómico reafirma o seu compromiso cunha política industrial avanzada, que sitúa os clústeres como axentes tractores do cambio e aliados estratéxicos na modernización do tecido empresarial galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?