Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un programa de formación impulsará a transformación dixital das cooperativas e entidades de economía social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un programa de formación impulsará a transformación dixital das cooperativas e entidades de economía social

Redacción
Publicado: 20/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa_xeneracion_dixital_pemes.jpgA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pon en marcha o Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, unha iniciativa pioneira que arrancará en novembro cunha duración de tres meses e que ten como obxectivo impulsar a transformación dixital das cooperativas e entidades de economía social. O proxecto desenvolverase en colaboración con Galicia Business School, no marco do convenio recentemente asinado entre ambas entidades ao abeiro da Rede Eusumo.
Galicia Business School conta cunha sólida traxectoria na formación de profesionais do tecido empresarial galego, con máis de 400 directivos e responsables de pemes formados ata o de agora.
Este novo programa, de balde grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, combina formación presencial en Santiago de Compostela con contidos en liña e abrangue un total de 146 horas.
Está destinado a empresarios, responsables e cooperativistas das distintas áreas de compañías galegas de ata 249 traballadores (recursos humanos, xestión comercial, márketing, dirección, loxística, etc.), así como a cooperativas e entidades sociais (fundacións, confrarías, agrupacións de traballo social, entre outras) e a autónomos ligados á economía social que desempeñen funcións de responsabilidade.
Os participantes recibirán formación práctica e especializada de expertos en dixitalización e innovación empresarial, acompañada de mentorización para os plans de transformación dixital das súas entidades. Ademais, obterán un certificado en intelixencia artificial aplicada á empresa, que lles permitirá identificar novas oportunidades de mellora de procesos, optimización de custos e reforzo da experiencia tanto da clientela como dos equipos humanos.

Contidos e inscrición

A formación incluirá módulos sobre transformación dixital nas empresas, adaptación a novos contextos, mellora da experiencia do cliente, aplicación de tecnoloxías emerxentes e de intelixencia artificial, sustentabilidade, economía circular e casos reais de éxito no ámbito cooperativo. Cada entidade poderá inscribir ata dúas persoas a través da páxina web de Galicia Business School, onde tamén está dispoñible información adicional.
Esta acción forma parte dunha serie de programas promovidos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con Galicia Business School para reforzar a capacitación dixital do tecido empresarial galego. Está prevista, ademais, unha edición específica dirixida a persoas autónomas nos próximos meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?