Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Spotify potencia o xeito de compartir música en Instagram
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Spotify potencia o xeito de compartir música en Instagram

Redacción
Publicado: 21/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spotify_infographic-share-bott.jpgSpotify acaba de dar un novo paso para facer máis doada a conexión entre amigos a través da música, grazas a dúas novas funcións que xa están dispoñibles en Instagram: a incorporación de vistas previas de audio nas historias e a posibilidade de compartir cancións en tempo real nas Notas. Ambas opcións buscan potenciar a descuberta musical e a interacción directa coa comunidade.
Coas vistas previas de audio nas historias, cando un usuario comparte un tema desde Spotify a unha historia de Instagram, inclúese automaticamente un fragmento de audio. Isto permite que os seguidores escoiten unha mostra sen saír da aplicación. Ademais, cun simple toque na etiqueta musical, poden abrir directamente a canción en Spotify, consultar os detalles do tema na páxina de audio de Instagram ou engadila á listaxe de reprodución de cancións marcadas como favoritas.
spotify_infographic-listening.jpg A outra novidade chega a través das notas de Instagram. Agora é posible mostrar en tempo real a música que se está a escoitar en Spotify, amosando aos amigos cal é o estado musical do momento. Ao engadir unha nota, basta con premer no símbolo 🎵 e seleccionar a opción Compartir desde Spotify. Se hai unha canción en reprodución, a nota actualizarase automaticamente; se non, amosará o seguinte tema que se escoite nos 30 minutos posteriores. Ademais, pódese engadir texto para acompañar a publicación.
Esta integración tamén facilita compartir unha canción concreta desde a vista de reprodución de Spotify, engadindo a opción de publicar directamente en Notas xunto coas xa coñecidas historias e mensaxes directas.
As funcións están dispoñibles globalmente tanto en Android coma en iOS, sempre que as aplicacións de Spotify e Instagram estean actualizadas. Para aproveitar todas as posibilidades, cómpre ter vinculadas as contas de Spotify e Instagram, algo que se pode facer desde os axustes da rede social ou directamente ao interactuar cun tema compartido en Reels, historias ou Notas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?