Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple comezará en setembro un proceso de renovación da liña iPhone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple comezará en setembro un proceso de renovación da liña iPhone

Redacción
Publicado: 25/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple-fifth-avenue-new-york-tim-cook-with-customers-and-team-members-240920.jpgApple está a poucas semanas do seu gran evento de lanzamento de produtos, polo que é moito o interese que está a espertar a compañía de Cupertino, o que aproveita Mark Gurman dende Bloomberg para adiantar que a partir de setembro, Apple abrirá un ciclo de tres anos con redeseños consecutivos. O primeiro paso será o iPhone Air, que substituirá o iPhone 16 Plus. Inspirado na estratexia do MacBook Air, será máis fino e lixeiro, aínda que cunha autonomía inferior, unha soa cámara traseira e sen rañura para SIM física. Tamén contaría cun módem desenvolvido por Apple.
Xunto a el chegarían os iPhone 17, 17 Pro e 17 Pro Max, cun deseño continuísta, melloras na cámara dos modelos Pro e unha nova cor laranxa. O Air, pola súa parte, venderíase en azul claro.
O salto real producirase en 2026 co lanzamento do primeiro iPhone encartable, de nome en clave V68, cun formato semellante aos Galaxy Z Fold de Samsung. Disporá de catro cámaras, sensor de pegada no canto de Face ID e modem C2. O obxectivo é que a produción arranque a comezos do ano para un lanzamento no outono.
En 2027, coincidindo co 20º aniversario do iPhone, Apple prepara un modelo con deseño en vidro curvado en todas as beiras, que se combinará cunha nova interface baseada en Liquid Glass.
Ademais do teléfono, Apple traballa en actualizacións do Apple Watch, un Vision Pro máis rápido, novos iPad Pro con chip M5, AirPods Pro con monitorización de ritmo cardíaco, novos HomePod mini e Apple TV.
O ano que vén tamén haberá un iPhone 17e, iPad de gama baixa, novos iPad Air e portátiles Mac con procesador M5, xunto cun monitor externo redeseñado. Entre os proxectos máis novidosos figura un HomePod con pantalla e sistema operativo específico para o fogar, Charismatic.
Na parte de servizos, Apple incrementou o prezo de Apple TV+ de 9,99 a 12,99 dólares ao mes e lanzou AppleCare One, un plan de 20 dólares mensuais que cobre tres dispositivos. En paralelo, prepara Health+, un servizo de saúde con recomendacións personalizadas mediante IA.
A nivel estratéxico, a compañía avalía se continúa desenvolvendo modelos propios para Siri ou se aposta por tecnoloxías externas. Mantén conversas avanzadas con Anthropic e tamén con Google, que traballa xunto a Apple para adaptar Gemini ao seu sistema Private Cloud Compute.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?