Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia encara o novo curso escolar reformulando a educación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia encara o novo curso escolar reformulando a educación dixital

Redacción
Publicado: 25/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roman_rodriguez_gzmuewpwyaaoycq.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou esta mañá as principais cifras e novidades do curso escolar 2025/2026, que dará comezo o 8 de setembro, dentro de dúas semanas, tras meses de preparación.
Rodríguez, acompañado polo seu equipo, subliñou que Galicia seguirá avanzando na modernización do ensino cun segundo paso no proceso iniciado o ano pasado. Este proceso está a permitir mellores ratios nas aulas, máis profesorado e recursos, así como a renovación de varios programas pedagóxicos. Todo isto nun contexto marcado pola caída da natalidade: este curso haberá 302.843 alumnos, 4.255 menos que o anterior e case 20.000 menos que hai unha década en todas as etapas desde Infantil ata Bacharelato.
A maior baixada rexístrase en Primaria (2.411 alumnos menos), seguida da ESO (1.284) e Infantil (1.019). Pola contra, o Bacharelato medra con 459 estudantes máis e en Educación Especial non hai variacións.
«Abrimos o primeiro curso do segundo cuarto do século XXI, un momento de cambio no que debemos responder a novos retos e necesidades para que o ensino siga preparando ás persoas de acordo ás esixencias do tempo que vivimos –reflexionou o conselleiro–. Por iso, cómpre xestionar o presente e preparar o futuro para sentar as bases da educación das vindeiras décadas». Rodríguez lembrou o compromiso da Xunta «cun proceso de mellora progresiva, curso a curso, que responda aos novos desafíos, con cambios estruturais de calado e unha permanente actualización dos proxectos».

Programas e novidades normativas

A Consellería prepara novidades en programas educativos. Durante o curso entrarán en vigor unha nova lei e tres decretos, xunto cos protocolos de actuación en situacións meteorolóxicas adversas ou emerxencias.
Especial relevancia terá a Lei de educación dixital, en tramitación, que regulará «con sentidiño» os dereitos e deberes da comunidade educativa neste ámbito. O obxectivo é consolidar un modelo híbrido «que combine as aprendizaxes tradicionais a través de métodos máis analóxicos coas novas tecnoloxías imprescindibles na sociedade actual».
Tamén se renovará o programa E-Dixgal, incrementando o uso de libros en papel, e reforzarase a lectura na aula cun tempo mínimo diario. Ademais, iniciarase o despregue de EdugalIA, proxecto de intelixencia artificial para mellorar a xestión interna da Consellería e dos centros e combater o abandono escolar. Esta iniciativa logrou captar 9,9 millóns de euros de fondos europeos, converténdose na máis destacada de España no uso da IA aplicada á educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?