Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia reduce as principais fendas dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia reduce as principais fendas dixitais

Redacción
Publicado: 25/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

memoria_osimga-2024_internet_rural.jpgMáis do 90 % dos fogares galegos situados en concellos de menos de 5.000 habitantes teñen xa contratado servizo de Internet, o que supón un incremento do 11,6 % respecto de 2021. Nos municipios de entre 5.000 e 10.000 habitantes a cifra elévase ao 93,2 %, mentres que nas poboacións de máis de 10.000 habitantes a porcentaxe supera en todos os casos o 96 %. Practicamente a totalidade dos fogares con estudantes (99,9 %) dispoñen de conexión, segundo recolle a Memoria Anual do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA), presentada recentemente.
memoria_osimga-2024_portada.jpg No tramo de idade de 65 a 74 anos, o 74,8 % declarou en 2024 empregar a Internet, un aumento do 32 % respecto dos datos de 2021. Tamén se rexistrou un avance destacable entre as persoas de 55 a 64 anos, cun incremento do 12,3 % ata acadar o 93,2 %. Nas demais idades a porcentaxe supera o 98 % en todos os casos, chegando ao 99,7 % entre os 16 e 24 anos.
Nos concellos con menos de 5.000 habitantes, a Internet utilízase sobre todo para buscar información sobre bens ou servizos (90,4 %), facer chamadas ou videoconferencias (89,9 %), ler novas (81,7 %), realizar operacións de banca electrónica (77,9 %) ou solicitar cita médica (64,6 %).
No caso das persoas maiores de 65 anos, os usos máis habituais son as chamadas e videochamadas (86,9 %), a procura de información sobre bens ou servizos (79,1 %), a lectura de novas (74,5 %), a banca electrónica (61,7 %) e a petición de cita médica (53 %).
Reducir as fendas derivadas do envellecemento da poboación e do carácter rural de Galicia segue a ser un obxectivo central da modernización tecnolóxica. Para iso, o OSIMGA elabora estudos periódicos que amosan unha clara tendencia á superación destas diferenzas.
En canto á fenda de xénero, Galicia presenta unha particularidade: a porcentaxe de mulleres usuarias da Internet (94,3 %) é lixeiramente superior á dos homes (93,5 %).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?