Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Android esixirá a verificación dos desenvolvedores de aplicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Android esixirá a verificación dos desenvolvedores de aplicacións

Redacción
Publicado: 26/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

android_verification_banner02.jpgGoogle anunciou unha nova capa de seguridade para os dispositivos Android certificados que botará a andar en 2026 co obxectivo de aumentar a responsabilidade dos desenvolvedores e dificultar a acción de actores maliciosos que empregan aplicacións falsas para difundir malware, roubar datos financeiros ou suplantar marcas.
A medida consiste en esixir que todas as aplicacións instaladas en dispositivos Android certificados estean rexistradas por desenvolvedores verificados. Esta identificación comproba quen é o desenvolvedor, pero non revisa o contido da aplicación nin a súa procedencia.
O proxecto aplicarase primeiro en países especialmente afectados por este tipo de fraudes, como Brasil, Indonesia, Singapur e Tailandia, onde entrará en vigor en setembro de 2026. A partir de 2027 estenderase progresivamente ao resto do mundo.
Para facilitar a adaptación, Google creará unha nova Android Developer Console dirixida a quen distribúe aplicacións fóra de Google Play, cunha variante específica para estudantes e afeccionados. Os desenvolvedores que xa publican en Google Play xa teñen cuberto este requisito a través da Play Console.
O calendario establece que o acceso anticipado comezará en outubro de 2025, a apertura xeral da verificación en marzo de 2026 e a entrada en vigor das novas obrigas en setembro dese mesmo ano nos primeiros países seleccionados. Google insiste en que os desenvolvedores seguirán tendo liberdade para distribuír aplicacións mediante sideloading ou en calquera tenda alternativa, mais cunha base mínima de responsabilidade que, segundo a compañía, permite demostrar que «aberto e seguro poden ir da man».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?