Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Condenan a Apple por pretender compensar as súas emisións de CO2 con plantacións de eucaliptos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Condenan a Apple por pretender compensar as súas emisións de CO2 con plantacións de eucaliptos

Redacción
Publicado: 26/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple-2030-apple-watch-packaging-230912.jpgO Tribunal Rexional de Frankfurt estimou a demanda de cesamento presentada pola organización ecoloxista Deutsche Umwelthilfe (DUH) contra Apple e prohibiulle á compañía estadounidense anunciar determinados modelos da Apple Watch como produtos neutros en CO2. A sentenza conclúe que a afirmación é enganosa, xa que os proxectos de compensación empregados por Apple non garanten unha neutralidade real das emisións, polo que estariamos ante un caso de greenwashing.
Segundo se revelou durante o proceso, Apple baseaba a suposta neutralidade climática dos seus reloxos en plantacións de eucalipto en Paraguai. Estes cultivos, alén de seren monocultivos de curta duración, teñen contratos de arrendamento que expiran en 2029 e non contan con garantías de continuidade nin de uso posterior. Para o tribunal, nin os prazos nin as denominadas contas de reserva achegadas pola empresa son dabondo para asegurar unha retención de carbono a longo prazo.
O director federal da DUH, Jürgen Resch, valorou a resolución indicando que «Apple sostén falsamente a impresión de que os seus Apple Watch teñen unha pegada de carbono neutra. Trátase dun engano baseado nun comercio de indulxencias climáticas con proxectos inútiles». Engadiu que as empresas multinacionais deben ofrecer información clara e verificable sobre o impacto ambiental real dos seus produtos.
Pola súa banda, o avogado da DUH, Remo Klinger, destacou que o tribunal coincidiu plenamente coa súa argumentación e considerou probada a falta de seguridade sobre o futuro dos proxectos en Paraguai: «Apple non puido demostrar unha prórroga dos contratos de arrendamento nin asegurar a permanencia das plantacións, polo que a súa publicidade resulta simplemente enganosa».
A organización ecoloxista tamén puxo de relevo que as plantacións de eucalipto non son bosques naturais, senón explotacións industriais que empregan pesticidas prexudiciais para as abellas, consomen enormes cantidades de auga e son altamente inflamables en períodos de seca, o que fai aínda máis dubidosa a súa capacidade de almacenar carbono de forma duradeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?